Financiado por:
/ Portada / Delegados

Canto tempo pasas sen cambiar de postura no traballo?

10-10-2012 - ERGONOMÍA

Case todos os especialistas sinalan que o primeiro risco a ter en conta na adopción de calquera postura no tempo de traballo é a inmobilidade: "Non" hai "postura ideal: xa sexa que se traballe sentado ou de pé, permanecer na mesma posición durante un longo período é penoso", di un documento do Instituto Nacional de Investigación e Seguridade de Francia (INRS).

O traballo describe os inconvenientes de manter demasiado tempo unha posición e dá recomendacións para evitar as consecuencias negativas dese sedentarismo laboral.



"Cando a postura sedente se prolonga máis aló do razoable, as primeiras sensacións desagradables son: incomodidade, que leva a cambiar de posición; fatiga, xeralmente perceptible primeiro nos membros inferiores e logo nos músculos ao longo da columna vertebral; por último, dor".

Entre os factores que agravan as consecuencias da postura sedente, o INRS sinala o estado físico, a idade, as tarefas que esixen mobilidade articular reducida, o ruído excesivo, unha temperatura inadecuada (moi alta ou moi baixa), pouca luz ou os reflexos da pantalla da computadora. Todos estes aspectos poden xerar na persoa contraccións e crispacións inconscientes.



"O traballo en postura sedente ou de pé prolongada ou inmóbil xera trabas musculares custosas para o organismo porque impoñen aos músculos involucrados contraccións estáticas que, cando se prolongan, son máis penosas que as dinámicas (xestos), agrega o documento. Os sistemas de bombeo dos membros participan da circulación venosa. O menor cambio de posición provoca modificacións da presión nos tecidos e unha mobilización dos líquidos biolóxicos nutritivos".


A inmobilidade, advirte o INRS, impide lle funcionamento normal deses sistemas.



Conclusión: é imperativo entón moverse regularmente para permitir a irrigación e nutrición dos músculos.

 

Fonte: O diario 24

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS