Financiado por:
/ Portada / Delegados

Cancro de mama: Os investigadores deixan a un lado demasiado a miúdo a súa posible relación co traballo

04-03-2015 - Hixiene

A Asociación Americana de Saúde Pública (APHA), publicou a principios de xaneiro un documento de posición no que solicita o recoñecemento do carácter profesional de certos tipos de cancro de mama. Esta organización que conta con 30.000 membros en todo o mundo, denuncia a falta atención aos resultados de estudos recentes que vinculan o incremento das taxas de cancro de mama á exposición a sustancias químicas no traballo.

O documento está centrado sobre todo na presenza que teñen determinados axentes tóxicos presentes no ámbito laboral sobre o sistema hormonal, os coñecidos como disruptores endocrinos. Así se criminalizan por exemplo o bisfenol A, prohibido na fabricación de envases en Francia dende o 1 de xaneiro, ou so ftalatos, cuia presenza, aínda en pequenas cantidades,  nos lugares de traballo pode ter consecuencias negativas para a saúde.

No documento tamén se poñen de manifesto os factores organizacionais do traballo como posibles riscos, tomando en consideración que a Axencia Internacional para á investigación sobre o Cáncro (IARC) recoñeceu o traballo nocturno como “probable carcinóxeno”.

A APHA incide na necesidade de investigar os factores de risco ambiental, incluído o lugar de traballo, pois “máis da metade dos casos de cancro de mama non poden ser explicados únicamente por causas tradicionais como sobrepeso, dieta ou xenética”.

"Ata hai pouco, os riscos para a saúde das mulleres en relación coa súa actividade profesional rara vez foron estudados; esta falla de perspectiva de xénero ten un custo: a saúde da muller traballadora".

Declaración da APHA (en inglés)

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS