Financiado por:
/ Portada / Delegados

Boa parte dos traballadores e traballadoras que non ocupan postos directivos síntense descontentos no seu lugar de traballo

11-11-2016 - Psicosocial

Esta afirmación despréndese do traballo 'Da teoría á acción. Unha ollada práctica ao que realmente conduce ao compromiso do empregado/a" realizado pola empresa tecnolóxica Oracle en colaboración con Kantar TNS. A motivación deste traballo é coñecer qué opinan traballadores e traballadoras de todos os niveis profesionais sobre a cultura de traballo na súa empresa, así como en que medida afecta no seu rendimento profesional. Os datos foron obtidos a partires de enquisas realizadas a un total de 4,706 traballadores e traballadoras de 20 países entre abril e maio de 2016; en tódolos casos os enquisados eran traballadores/as a xornada compreta de empresas de a lo menos 250 empregados/as

No caso do Estado español, os datos amosan que só o 34% dos traballadores/as que non ocupan postos directivos están satisfeitos de traballar para a súa empresa, por un 59% do persoal directivo.  Así mesmo o 19% dos traballadores/as non directivos consideran que o empregador/a ten en consideración o seu benestar xeral e un 28% dos traballadores/as pensan nos seus xefes/as como alguén visible e próximo. O persoal non directivo adoita ter un sentimento sombrío sobre o seu futuro na empresa (continuidade, ascenso,...). En relación ás oportunidades de formación, só o 28% dos traballadores/as non directivos consideran que a formación continua forma parte do seu desenvolvemento, dato escaso se o comparamos co 57%  que se da no colectivo de persoal directivo; ademáis so o 23 % destos traballadores non directivos recibiron un plan de formación na empresa o ano pasado, comparado co 54 % dos directivos.

Segundo o Director de vendas de aplicacións HCM de Oracle, "o salario sempre será un motivador para os empregados/as de todos os niveis, pero os traballadores/as  tamén poñen unha gran énfase na cultura empresarial. Queren sentir que xogan un papel importante no éxito da súa compañía. O pensamento innovador dáse en cada un dos chanzos da xerarquía salarial, e as empresas corren o risco de perder valiosas contribucións se non lle dan a todo o persoal a oportunidade de mostrar o seu talento". "O compromiso do empregado/a debe ser un obxectivo da organización ao completo, non só dos membros do equipo de mando. As empresas deben centrarse en nutrir o seu talento en todos os niveis se queren ter éxito no longo prazo, e é tarefa dos responsables de Recursos Humanos dar un paso á fronte e asegurarse de que a súa compañía toma unha aproximación democrática cara á aprendizaxe e o desenvolvemento".

Maís información "Da teoría á acción. Unha ollada práctica ao que realmente conduce ao compromiso do empregado/a" (en inglés)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS