BHOPAL a traxedia continúa19-02-2014 - HIXIENECase tres décadas despois, a traxedia continúa desenvolvéndose en Bhopal, que sufriu o peor desastre químico e ambiental rexistrado no mundo, o 3 de decembro de 1984. A fuga de isocianato de metilo (MIC) e outros gases tóxicos dunha fábrica de pesticidas matou miles de persoas e causou graves lesións noutros varios miles. Dende entón os superviventes do desastre estiveron loitando para ser indemnizados, pola recuperación ambiental da zona e polo tratamento médico. | ![]() |
|---|
O último informe do Consello Indio de Investigación Médica (ICMR) revelou que unha gran porcentaxe da cohorte do estudo epidemiolóxico (o 79% nos afectados, e o 64% no control), que representa o único proxecto de seguimento da saúde das vítimas do gas, se perdeu.
Pero a perda da cohorte non o único problema, xa que o obxectivo principal era axudar á atención médica dos superviventes.
O primeiro informe completo ICRM apareceu máis de dúas décadas despois da catástrofe, e este segundo vén despois de case 30 anos, facendo pensar a moitos que todo iso se reduciu a un mero exercicio académico. Segundo os autores do informe (121 páxinas, 2013) os resultados mostran que os expostos ao gas tóxico seguen experimentando problemas multiorgánicos, especialmente respiratorios, oculares e dixestivos.
Dende este enlace podes acceder á nova "Bhopal a traxedia esquecida" da nosa páxina.
Fonte: ERGAOnline