Financiado por:
/ Portada / Delegados

BHOPAL a traxedia continúa

19-02-2014 - HIXIENE

Case tres décadas despois, a traxedia continúa desenvolvéndose en Bhopal, que sufriu o peor desastre químico e ambiental rexistrado no mundo, o 3 de decembro de 1984. A fuga de isocianato de metilo (MIC) e outros gases tóxicos dunha fábrica de pesticidas matou miles de persoas e causou graves lesións noutros varios miles. Dende entón os superviventes do desastre estiveron loitando para ser indemnizados, pola recuperación ambiental da zona e polo tratamento médico.

O último informe do Consello Indio de Investigación Médica (ICMR) revelou que unha gran porcentaxe da cohorte do estudo epidemiolóxico (o 79% nos afectados, e o 64% no control), que representa o único proxecto de seguimento da saúde das vítimas do gas, se perdeu.

Pero a perda da cohorte non o único problema, xa que o obxectivo principal era axudar á atención médica dos superviventes.

O primeiro informe completo ICRM apareceu máis de dúas décadas despois da catástrofe, e este segundo vén despois de case 30 anos, facendo pensar a moitos que todo iso se reduciu a un mero exercicio académico. Segundo os autores do informe (121 páxinas, 2013) os resultados mostran que os expostos ao gas tóxico seguen experimentando problemas multiorgánicos, especialmente respiratorios, oculares e dixestivos.

Acceso ao informe.

Dende este enlace podes acceder á nova "Bhopal a traxedia esquecida" da nosa páxina.


Fonte: ERGAOnline

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS