Financiado por:
/ Portada / Delegados

Bélxica creará un rexistro oficial de nanomateriais

26-02-2014 - HIXIENE

Por proposta da Ministra de Asuntos Sociais e Saúde Pública Laurette Onkelinx, o Consello de Ministros do pasado día 7 de febreiro aprobou un Real Decreto sobre a posta no mercado de substancias manufacturadas de tamaño nano.

Segundo a nota oficial de prensa do goberno belga, a posta no mercado dun número cada vez maior de produtos que conteñen nanomateriais formula a cuestión dos posibles efectos destes produtos na saúde pública e a saúde dos traballadores.

De feito, debido ao seu tamaño (menos de 100 mil millonésimas de metro), os nanomateriais poden ter propiedades toxicolóxicas e ecotoxicolóxicas específicas aínda pouco coñecidas.

O proxecto de real decreto foi elaborado en cooperación cos Ministros de Economía, Emprego e Medio. Prevese a creación dun rexistro nacional dos nanomateriais, no que se incluirán as substancias e mesturas que conteñan nanomateriais que deberán comunicar os que poñan estes produtos no mercado. Trátase polo tanto de garantir a trazabilidade das nanopartículas.

A implementación deste rexistro permitirá:

. Que as autoridades de saúde poidan actuar sen perda de tempo, se un tipo de nanomateriais se mostra que é perigoso para a saúde pública,

. Transmitir información pertinente ás autoridades responsables da seguridade dos traballadores, para que poidan facer as comprobacións necesarias.

A evolución desta tecnoloxía innovadora debe facerse en harmonía coa preservación da saúde humana. Este proxecto tamén garante a transparencia e reforzar así a confianza da poboación e dos traballadores respecto destas substancias.

O Rexistro entrará en funcionamento o 1 de xaneiro de 2016 para as substancias, e o 1 de xaneiro de 2017 para as mesturas. Os produtos serán rexistrados máis adiante.

Despois de Francia, Bélxica convértese no segundo país da Unión Europea en adoptar unha normativa específica que regula a posta no mercado dos nanomateriais.

 

Fonte: Presscenter.org

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS