Avance da VII Enquisa de Condicións de Traballo27-06-2012 - INSHTO Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo presenta un avance dos resultados da VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo de 2011. Os datos da Enquisa recolléronse en 2011 entrevistando a un total de 8.892 traballadores ocupados para coñecer cal é a súa percepción sobre as condicións de seguridade e saúde que teñen nos seus postos de traballo. | ![]() |
|---|
Entre os indicadores que se desprenden da Enquisa encóntranse:
Os resultados globais da enquisa mostran unha evolución dos riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores similar á producida na maioría dos países europeos. Así, a percepción dos traballadores sobre os riscos a que están expostos apenas sofre cambios respecto aos riscos tradicionais tales como os de accidente, contaminación de orixe química, ou exposición a axentes físicos.
Polo que se
refire aos esforzos preventivos levados a cabo nestes anos nas
empresas españolas o balance é crecentemente satisfactorio. Máis
proporción de traballadores dispoñen hoxe dun representante
específico para facilitar a súa participación na mellora da
seguridade e saúde no traballo, e as actividades preventivas como a
vixilancia da saúde, a formación e información e a avaliación de
riscos mostran unha crecente cotianidade nos centros de traballo.
En
breve, publicaranse os resultados da Enquisa na páxina web do
INSHT.
Fonte: INSHT