Financiado por:
/ Portada / Delegados

Ausencia de reunións de coordinación e fallos no Plan de Seguridade

05-02-2015 - SENTENZA

O Xulgado do Penal número 6 de Málaga ten condenado por dous delitos de lesións imprudentes a seis persoas relacionadas coas obras dun edificio de vivendas polo accidente laboral acontecido en abril de 2009, no que dous traballadores quedaron sepultados e resultaron feridos de diversa consideración.

Segundo a sentenza, dous dos acusados eran os arquitectos encargados da elaboración do proxecto e asumiron tamén a dirección de obra; outro dos acusados realizou o estudo de seguridade para o proxecto de execución e encargouse así mesmo da dirección de coordinación de seguridade das actuacións. A empresa que promovía a construción do edificio de vivendas subscribiu con outra sociedade, cuxa representante tamén foi condenada, un acordo polo que se lle encargaba a esta os traballos de cimentación e estrutura das obras. Para extraer a terra adherida realizáronse os traballos para facer bataches, técnica que se emprega cando o terreo xunto ao corte debe soportar cargas a unha cota superior á do fondo da escavación. O estudo xeotécnico realizado entón prevía a posibilidade de desprendementos e a necesidade de protexer determinadas zonas con estruturas de contención. O día do accidente, cando comezaron os traballos de ferralla, baixaron á base do batache varios traballadores e "debido á inestabilidade que presentaba o terreo, produciuse o desprendemento do noiro dereito sen que tivesen tempo de afastarse os dous traballadores, que resultaron lesionados e quedaron "sepultados entre pedras e rochas".

A sentenza revela varios incumprimentos en materia de coordinación empresarial, como a falta de planificación preventiva de traballos e información de procedementos seguros xa que "non" consta a existencia de planos visados correspondentes aos bataches realizados e no plan de seguridade da contratista existía previsión ningunha sobre as medidas de seguridade a adoptar durante a súa apertura". Ademais, sinálase que os acusados permitiron que as obras continuasen "a pesar da posibilidade de desprendementos de rochas e outro material do terreo"; Así mesmo, ambas as dúas firmas acordaron levar a cabo a coordinación de actividades en materia de riscos laborais mediante a celebración de reunións, non obstante na resolución indícase que "non" consta que se realizasen reunións de coordinación para coñecer os pormenores da obra en cada momento".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS