Financiado por:
/ Portada / Delegados

As obras do Mundial de Fútbol 2022 en Quatar seguen cobrándose vidas

19-02-2014 - SAÚDE LABORAL

O alcance dos riscos aos que se enfrontan os traballadores inmigrantes que constrúen a infraestrutura para a Copa do Mundo de 2022 en Qatar púxose ao descuberto polos documentos oficiais que revelan que 185 traballadores nepalíes morreron o ano pasado.

De acordo cos documentos dispoñibles, o número total de mortes verificadas entre os traballadores de Nepal -apenas un dos varios países que abastecen de centos de miles de traballadores inmigrantes- foi polo menos 382 nos dous últimos anos.

"A FIFA e o goberno de Qatar prometeron ao mundo que ían tomar medidas para garantir a seguridade dos traballadores que constrúen os estadios e a infraestrutura para a Copa do Mundo de 2022. Esta terrible lista de mortos desmente esas garantías", dixo o PNCC.

En novembro de 2013, Amnistía Internacional advertiu nun informe que os traballadores estaban a soportar xornadas de 12 horas en condicións de calor sufocante e que viven amoreados en diminutos aloxamentos. A Confederación Sindical Internacional (CSI) advertiu que ata 4.000 traballadores poden morrer antes de que a pelota empece a correr no 2022 se non se efectúa unha reforma significativa do sistema de contratación (kafala) e se establece un control estrito das innumerables empresas construtoras e subcontratistas involucrados.

A kafala está a un paso da escravitude. Os traballadores estranxeiros deben ser patrocinados por un empregador de Qatar para entrar no país. Polo xeral presentan os seus pasaportes aos seus empregadores. Non teñen a liberdade de cambiar de emprego ou saír do país ao seu antollo. Necesitan un permiso de saída para saír de Qatar, e o permiso ten que ser aprobado polo seu empregador.

Despois da protesta mundial que seguiu á cobertura de The Guardian, Blatter viaxou Qatar e declarou que estaba "no camiño correcto" para facer fronte á cuestión. Pero logo dunha reunión coa CSI en Zürich un mes máis tarde, a FIFA dixo que "é necesario introducir de forma rápida unhas condicións de traballo xustas, cun efecto duradeiro ".

O Comité de Coordinación Pravasi Nepalí (PNCC), pediu aos patrocinadores da FIFA que reconsideren a súa relación co organismo reitor do fútbol mundial, que adxudicou a Copa Mundial de 2022 a Qatar en decembro de 2010: "Facemos un chamamento ás empresas patrocinadoras da Copa do Mundo -Coca-Cola, Adidas, Visa, Hyundai e Budweiser- para que revisen con urxencia os seus acordos coa FIFA", dixo un voceiro.

O subsecretario do Ministerio de Traballo de Quatar, Hussain al-Mulla, dixo que polo menos o 99% das empresas están a cumprir coa lei. O Ministerio de Traballo di que está "comprometido a garantir que todos os traballadores son tratados dun xeito xusto e equitativo".

Nun comunicado a FIFA dixo: "A FIFA está a traballar cara a unha solución urxente e, como tal, segue participando activamente o diálogo entre Qatar e varias organizacións de dereitos humanos e laborais para asegurar que os cambios iniciados para mellorar o benestar dos traballadores emigrantes están a progresar coa ritmo necesario. "A FIFA cre firmemente no poder positivo que a Copa Mundial da FIFA pode ter en Qatar como unha plataforma para o cambio social positivo, incluíndo unha mellora dos dereitos e condicións dos traballadores emigrantes laborais."

 

Fonte: The Guardian

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS