Financiado por:
/ Portada / Delegados

As nanopartículas e a flora intestinal

12-06-2015 - Hixiene

Un estudo publicado na revista Environmental Engineering Science atopou que os nanomateriales de óxidos metálicos, como o dióxido de titanio, empregado en alimentos, caramelos, protectores solares e outros cosméticos, "provocaron cambios significativos, non letais" na flora microbiana do intestino humano. Os científicos expresaron a súa preocupación de que tales cambios "poden estar relacionados cos efectos na saúde en xeral."

No estudo estímase que máis de 15 mil toneladas métricas de dióxido de titanio, 3.700 toneladas de óxido de zinc e 300 toneladas métricas de óxido de cerio entran nas plantas de tratamento de augas residuais. A maioría destas nanopartículas non son retidas polos tratamentos de augas residuais.

Os científicos investigaron estos tres tipos de nanopartículas debido ao seu uso xeralizado en produtos de consumo e ao seu potencial de aparecer na auga potable tratada. Está demostrado que estas nanopartículas teñen efectos tóxicos, pero non letais sobre os microorganismos; o obxeto da investigación era determinar se estas nanopartículas son tóxicas para a flora intestinal. Hai que ter en conta que o papel da flora intestinal é moi importante no funcionamento do organismo; un simple cambio de dieta pode producir cambios sensibles na flora intestinal.

Os investigadores atoparon vínculos entre as bacterias intestinais e numerosas enfermidades.  No estudo queda manifesta a preocupación
polos efectos na saúde dalgunhas nanopartículas de uso común.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS