Financiado por:
/ Portada / Delegados

As horas extras non pagas crecen o dobre que o emprego

12-09-2016 - PSICOSOCIAL

As horas extraordinarias non cobradas alcanzaron o ano pasado o seu máximo dende que estalou a crise. Cada semana de 2015 traballáronse unha media de 3,5 millóns de horas fóra da xornada laboral que non foron retribuídas, un 14,4% máis que no exercicio anterior.

Segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa máis da metade de todas as horas extraordinarias non foron abonadas.

As horas extras non pagas, ademais dun delito pouco denunciado, son un grave problema laboral e de conciliación familiar.

En 2008, os 3,6 millóns de horas que se fixeron sen cobrar supoñían o 38,9% dos case 9,4 millóns. En 2015, esta porcentaxe era do 55,6%,

Esta é unha das vías que seguiu a desvalorización salarial, o que significa traballar máis tempo cobrando o mesmo. O incremento no tempo de traballo non pagado tamén é unha vía de incremento da precariedade, un dos principais problemas do mercado de traballo español que, ademais, recae nos colectivos máis precarios. Un deles é o dos traballadores a tempo parcial. As horas extras non cobradas por este grupo de asalariados creceron un 67% dende 2008.

A desvalorización salarial foi unha das apostas como mecanismo de saída da crise, que se implantou de forma indirecta a través da reforma laboral e de forma directa cos menores soldos das novas contratacións. Entre 2008 e agora hai dúas diferenzas considerables: entón, o mercado laboral español contaba cunha media anual de 16,8 millóns de asalariados, fronte aos 14,8 millóns actuais. Tamén contaba con moitos máis ocupados, 20,5 millóns fronte aos 17,8 de hoxe.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS