Financiado por:
/ Portada / Delegados

Aplicación de horarios europeos no Estado español

26-07-2016 - Psicosocial

A web de emprego InfoJobs levou a cabo unha análise sobre aplicación dos horarios europeos no mercado laboral no Estado español, que revela que o 58% das compañías españolas que non están a aplicar o horario laboral europeo están a favor de adaptarse a este modelo, mentres que o 83% dos traballadores non suxeitos ao horario laboral europeo desexaría telo. O portavoz de InfoJobs, asegura que existe a "vontade empresarial" para adaptarse a este modelo, xa que, ademais, xera unha "maior satisfacción, maior felicidade e, por tanto, maior produción" nos traballadores/as.

A pesares da boa disposición empresarial, o informe indica que só un 25% das empresas presentes no Estado español aplica horario flexible: hora de entrada entre as 7 e as 9 horas e saída entre as 16 e as 18 horas, cunha hora como máximo para comer.

A enquisa de InfoJobs, realizada a case 600 empresas e a unha mostra representativa da poboación activa de 3.000 persoas, indica que as empresas apuntan á conciliación como o principal motivo para adoptar horarios laborais europeos (63%). Outros motivos son a mellora da produtividade (22%) ou a felicidade dos traballadores (13%).

A predisposición para adaptarse a este horario varía en función do tamaño das empresas. Así os datos da enquisa, amosan que as compañías con menos de 10 empregados están a favor do horario europeo só nun 57% dos casos, sendo as entidades con máis de 50 traballadores as que obteñen unha porcentaxe maior (85%).

O principal motivo que argumentan o 42% das empresas para non implementar o horario laboral europeo é que a súa actividade está baseada no comercio e o servizo ao cliente (90%).

A día de hoxe, só o 22% da poboación activa do Estado español afirma dispoñer deste horario na súa empresa, e entre aqueles que non o gozan, o 83% está a favor de que a empresa na que traballaa o aplique.

Segundo a enquisa, os aspectos que axudan á conciliación, como a flexibilidade horaria (21%) e a xornada intensiva (16%), son as medidas non salariais máis valoradas polos empregados, por diante dos plans de formación (12%),  plans de pensións (6%) ou transporte de empresa (3%).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS