Financiado por:
/ Portada / Delegados

Amianto, sílice, e agora o cromo

04-09-2013 - HIXIENE

O mapa das enfermidades laborais é posible que estea cada vez máis controlado, pero tamén é cada día, maior e máis dramático. A ausencia de medidas de protección durante décadas en moitas empresas, pequenas, grandes e medianas, públicas e privadas, está a facer que afloren cada vez máis casos de patoloxías asociadas a produtos canceríxenos que se usaron de forma masiva.

Na maioría das ocasións eses produtos convértense en mortais precisamente cando se trata de gozar dos últimos anos de vida, na xubilación ou a punto de lograla, despois de esperar aletargados no organismo durante décadas.

O amianto, que agora xa está desgraciadamente na axenda, non só dos familiares das vítimas, senón na das institucións, e tamén na das empresas, en moitos casos a golpe de sanción, sentenza e resolución con recargas, foi dos primeiros en facerse tristemente famoso.

Seguiulle o po de silicio, que deixou un rastro de afeccións graves e de mortes en ocasións en moitas marmorerías do País Vasco e do resto do Estado español, e que tivo o seu expoñente máis mediático na Marmorería Cid, en Guernika, na que enfermaron varios membros da familia do propietario.

Curiosamente neste caso foi a propiedade da marmorería quen chamou ao Instituto Nacional de Silicose, para adaptarse á normativa despois de ver en varias análises que, malia as medidas de seguridade implantadas, algo estaba a pasar no equipo.

O informe da Inspección de Traballo e de Osalan exculpou á empresa e cargou contra algúns fabricantes dos mesados a base de diversos compostos de silicio, que apenas se facilitaban información práctica de como protexer aos operarios do po que desprendían e que na época máis forte da construción, cortaron miles e miles de pezas e colocaron miles e miles de cociñas e baños, escaleiras e corredores, sen ser conscientes de que aspirar o po que levantaban era mortal.

O último en aparecer foi o cromo.

Unha sentenza do xulgado número dous do social de San Sebastián condena a unha empresa de zincados a indemnizar, como responsable, aos familiares dun traballador que despois de 40 anos de servizo en dúas empresas, e tras a súa xubilación, en 2003, desenvolveu un cancro polo que faleceu.

En Euskadi existiron e aínda hai numerosas firmas de tratamentos de cromo, cinc e niquel que, como a do traballador afectado, non ofrecía aos seus empregados ningún tipo de protección. "Nas instalacións da empresa non existían aspiracións, a ventilación do local son tres ventiladores á rúa da fachada e un ventilador na fachada paralela. Non se proporcionaban máscaras aos traballadores e para protexerse en ocasións utilizaban un pano sobre o nariz e a boca", cita a sentenza. O traballador enfermou en marzo de 2011 e en febreiro de 2012 morreu.

A sentenza precisa como xa dende 1978 se contemplan como enfermidades profesionais as derivadas da fabricación de cinc, peparación emprego e manipulación dos compostos de cromo hexavalente, compostos de cromo, galvanoplastia, limpeza e decapado de metais así como o niquelado electrolítico de metais, entre outros. Pero vai máis atrás cando explica que mesmo dende 1961 as empresas estaban obrigadas a adoptar unha serie de medidas de seguridade extraordinarias aos traballadores en contacto con eses produtos como revisións médicas periódicas para detectar posibles síntomas desas patoloxías, ademais de proporcionarlles máscaras ou caretas respiratorias que evacuasen ben os gases derivados do seu tratamento.

"A empregadora do actor coñecía ou debía de coñecer os efectos perniciosos do cromo entre outros sobre a saúde dos seus traballadores e actuar en consecuencia evitando a exposición a este, limitándoa e en todo caso adoptando as medidas de precaución seguridade e hixiene no traballo como para anular os seus efectos nocivos".

A empresa afectada mostrou a súa desconformidade coa demanda alegando que comprou a empresa en 1976 -o falecido traballaba nela dede 1964- e que dende entón non se traballaba nin con cromo nin con cinc. A sala estima que houbo unha sucesión empresarial e por conseguinte estende a responsabilidade sobre os traballadores á última empresa. O titular do xulgado do social condena á empresa Zincados e Derivados, ademais de á aseguradora Helvetia CNV a pagar a cantidade de 120.000 euros como indemnización para a viúva -90.000 euros- e para os seus tres fillos a razón de 9.200 a cada un, máis os intereses dende a interposición da demanda en maio de 2012 ata abril de 2013.

A empresa pagará intereses de dous puntos por enriba do interese legal establecido e a aseguradora unha recarga do 20%. O maxistrado explica para xustificar a sanción que o chamado "deber de seguridade" ou "débeda de seguridade" da empresa cos seus traballadores configúrase claramente no noso ordenamento xurídico, dende o Estatuto dos Traballadores ata as ordenanzas de Seguridade e Hixiene no Traballo, e a Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Normativa na que non só se garante a protección do traballador, senón que obriga o empregador a "facilitar a instrución axeitada ao persoal antes de que comece a desempeñar calquera posto de traballo acerca dos riscos e perigos que nel poidan afectarlle. O juzgador resalta que o demandante foi declarado afecto dunha incapacidade permanente absoluta derivada de enfermidade profesional como consecuencia de carcinoma broncoxénico, que contraeu no seu posto de traballo polo que resulta probada a responsabilidade empresarial, neste caso a sucesora da empresa incumpridora".

 

Fonte: elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS