Alerxias respiratorias01-06-2015 - Saúde laboralA rinite alérxica afecta entre un 10% e un 20% da poboación nos países industrializados; os diagnósticos de asma incrementáronse entre un 4% e un 10%. Curiosamente, as alerxias son máis frecuentes nas cidades que nas zonas rurais, a pesares de existir menos cantidade de polen nas primeiras. A mestura de contaminación e polen de determinadas especies está detrás deste fenómeno. | ![]() |
|---|
A través dun estudo realizado polo presidente do Comité de Aerobiología da Sociedade Española de Alergología e Inmunología Clínica (SEAIC), demóstrase que as plantas expostas á contaminación por diésel conteñen no seu pole unhas proteínas novas (proteínas de estrés) que o fan máis agresivo para o home. O estudo realizouse con 200 pacientes alérxicos ao ciprés en varios puntos do Estado español, comprobándose a existencia das proteínas do estrés nos cipreses dos emprazamentos de maior contaminación. As proteinas de estrés aparecen como resposta das prantas a unha contorna nociva. Polinizacións máis longas e con picos máis altos e a maior agresividade dos pólenes provocada pola contaminación ambiental inciden negativamente na saúde dos alérxicos.
Ao contabilizar os custos económicos provocados polas alerxias, debense incluír aqueles derivados do absentismo e presentismo laboral, ademáis dos derivados dos tratamentos médicos.
Entre as recomendacións dos alergólogos para os alérxicos a ter en conta nas épocas de maior concentración de pole están: utilizar máscara con filtro de carbono, colocar filtros antipole nos aparellos de aire acondicionado e o emprego de lentes de sol co fin de evitar o contacto cos ollos.
No caso das recomendacións para os concellos, estarían evitar a prantación de especies que amosaron ser moi alerxénicas, como os plátanos de sombra, cipreses, oliveiras, bidueiros e palmeiras, colocando no seu lugar especies pouco alerxénicas ou a realización de podas controladas co fin de diminuír a floración.
Así mesmo, recoméndase a regulación da emisión de combustibles á atmósfera, tal é como se está a facer en Francia por exemplo.