Financiado por:
/ Portada / Delegados

Alerxias laborais: enfermidades silenciosas

31-01-2013 - Saúde laboral

As alergias laborais, principalmente dermatose e asma, son unhas das enfermidades laborais máis frecuentes. Estimase que poden producirse uns 10.000 novos casos ao ano, mentras que se recoñecen como profesionais moi poucas. Moitos casos poden agravarse ata chegar a producir unha incapacidade laboral total.

As alerxias son reaccións de hipersensibilidade a determinados axentes naturais (ex. fariñas, metais), químicos sintéticos (ex. isocianatos) ou biolóxicos (ex. fungos), entre outros, chamados alérxenos. Este tipo de reaccións  prodúcese en persoas cuio sistema inmunitario reacciona de forma excesiva fronte á presenza dunha sustancia extraña no seu organismo.

Identificados máis de 350 axentes sensibilizantes laborais

Están identificados máis de 350 axentes sensibilizantes laborais; a exposición a éstes pode provocar manifestacións alérxicas pasaxeiras, enfermidades alérxicas ou empeorar enfermidades previas. As alerxias de orixen laboral máis frecuentes  danse na pel (eczema), os ollos (conxuntivite alérxica) e nas vías respiratorias (rinite e asma).

Non é fácil coñecer o número de alerxias profesionais debido á falta de rexistros fiables. No estado español,  veñénse recoñecendo anualmente como enfermidade profesional entre 100 e 200 casos de alerxias. Sin embargo, estas cifras subestiman a realidade. Como suxire un estudio realizado en 2005 por Simon Pickvance e colaboradores, ls estimacións máis fiables falan de 300 novos casos de asma laboral ao ano e 400 de dermatite por millón de traballadores e traballadores (en conxunto máis de 10.000 casos anuais). Estamos, polo tanto, fronte a un problema de ocultación, xa que só se reconoñecen entre o 1 e o 2% dos casos reais que se producen cada ano.

Aínda que, como xa se dixo, téñense identificado varios centenares de sensibilizantes laborais, soamente uns poucos son os responsables da maior parte das alerxias laborais. Así, por exemplo, estímase que máis do 50% das rinites e asmas de orixen laboral son debidas á exposición a fariñas, proteínas do látex, aldehídos, persulfatos alcalinos e isocianatos. E a maior parte dos eczemas de contacto é debida á exposición a metais (níquel, cromo, cobalto), biocidas e desinfectantes, aditivos do caucho, resinas epoxi e colorantes.

Profesións máis afectadas

Dependendo do tipo de alerxia, dérmica ou respiratoria, estas afectan máis a determinadas profesións. Así, as dermatites son máis frecuentes entre os profesionais da construción, do metal, da electrónica, de perruquería, de limpeza ou persoal de servizos médicos e paramédicos. Pola contra, as rinites e asmas son máis frecuentes no sector da alimentación, da limpeza e da madeira, aínda que tamén son frecuentes no persoal de servizos médicos e paramédicos e no de perruquería.

As alerxias laborais caracterízanse porque os síntomas maniféstanse só nunha parte dos traballadores e traballadoras expostas, adoitan aparecer despois dun período de tempo (chamado de sensibilización) e poden manifestarse a consecuencia de exposicións a pequenas cantidades do produto ou axente causante da alerxia, o que se coñece como axente alerxénico.

Os síntomas

Os síntomas adoitan darse, primeiro a nivel local, nas partes do organismo expostas (ollos, pel, nariz, bronquios) e máis tarde poden estenderse a todo o organismo. Tenden a agravarse se a exposición ao axente alerxénico continúa, aínda que nalgúns casos de eczemas, os síntomas poden persistir sen exposición. O diagnóstico, ademais das pertinentes probas clínicas, requirirá sempre un bo coñecemento da exposición aos posibles axentes sensibilizantes, é dicir, o médico deberá coñecer a historia laboral do traballador e as súas condicións de traballo.

É evidente que sempre a mellor prevención posible é a eliminación da exposición e especialmente en casos como o dos sensibilizantes para os que niveis de exposición moi baixos son capaces de producir graves efectos sobre a saúde.

Para coñecer se os produtos cos que se traballa poden desencadear procesos alérxicos hai que atender ás frases de risco, ou frases R, que se indican en relación ás sustancias químicas que compoñen o produto en cuestión. Por exemplo, a frase R42 pode provocar sensibilización por inhalación e R43 pode provocar sensibilización por contacto coa pel, polo que poden ser facilmente identificables na etiqueta ou na ficha de datos de seguridade do produto.

Con todo, non todos os axentes sensibilizantes, habituais en moitos centros de traballo, están clasificados como tales. Este é o caso dalgunhas fibras téxtiles, de mofos, ácaros, po de madeiras, etc. Ademais, aínda que os axentes irritantes (R36, R37 e R38) non desencadean directamente procesos alérxicos, con todo poden estar involucrados (son factores de risco) en moitos destes procesos: a acción irritante sobre a pel facilita a entrada das sustancias sensibilizantes e o desenvolvemento da reacción alérxica. É difícil establecer en moitos casos unha fronteira clara entre os síntomas irritativos e os que son produto dunha sensibilización e, por último, a exposición a produtos irritantes pode "espertar" ou agravar estados de sensibilización previos.

Na medida en que a un traballador se lle detecten síntomas de sensibilización, é absolutamente necesario retiralo da exposición nalgúns casos de rinite alérxica ou asma e moi recomendable nos demais. Se non se fai e o traballador segue exposto ao axente alerxénico, poden derivarse consecuencias maiores: unha rinite pode derivar en asma ou uns síntomas na pel poden derivar nun eczema de contacto de tipo crónico e incurable.

Revista Por Experiencia – ISTAS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS