Financiado por:
/ Portada / Delegados

Adictos ao traballo

04-07-2013 - Psicosocial

Vivimos tempos duros. A falta de emprego en moitos sectores ocasionou que se den casos nos que o traballador/a tome demasiado apego polo seu traballo, para asegurarse a súa estabilidade laboral. A adicción ao traballo é unha patoloxía que debe ser tratada por especialistas. Nestes casos, a tensión e o esgotamento poden superar ao traballador/a e prexudicar a este e á súa empresa. En Xapón xa existe mesmo un termo para designar a "morte por traballo": "Karoshi".

Segundo os expertos, o que deixan de lado as persoas que se fan adictos ao traballo son cousas tan importantes como a saúde e a familia. O peor de chegar a rozar tal extremo é que a saúde mental do empregado está exposta tanto ou máis que o seu emprego.

Entre os xaponeses acuñouse o concepto "Karoshi" para definir a morte por exceso de traballo, mentres que os investigadores noruegueses pola súa banda, desenvolveron a Escala de Adicción ao Traballo para avaliar o risco de "Karoshi" entre os traballadores.

Por suposto, o punto serio aquí é que a glorificación do traballo duro de moitas culturas disimula os efectos moi nocivos da adicción ao traballo e leva por tanto, a que as empresas e os seus xerentes sexan alleos ás consecuencias desta patoloxía.

 

Fonte: tendencias21.net

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS