Acoso laboral en Europa17-04-2015 - PSICOSOCIALO Observatorio Europeo de Vida Laboral, creado pola Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo, publicou un informe sobre as distintas formas de acoso na Unión Europea. | ![]() |
|---|
No informe indícase que mentras a violencia física tende a diminuír, outras formas de comportamento social adverso (adverse social behaviour ASB) non desaparecen. No ano 2010, o 14% dos/as traballadores/as da Unión manifestaron ter sufrido algún tipo de ASB.
Segundo o informe do Observatorio, os estados bálticos, os escandinavos, os do centro e oeste europeos atópanse por encima da media, sendo Austria, a República Checa e Finlandia os que amosan o índice máis elevado: o 20 % dos/as traballadores/as indican que sofren algunha forma de comportamento social adverso no traballo.
Por outra banda, nos estados do sur de Europa e parte dos do este, o número de traballadores/as que manifestan sufrir algún tipo de ASB está por debaixo da media, con valores que se sitúan entre o 6% en Chipre ata o 12% en Croacia. No Estado español, onde o acoso laboral está tipificado como delito no artigo 173 do Código Penal, a porcentaxe é do 8%.