Financiado por:
/ Portada / Delegados

Acordo no Congreso para prestar atención aos intoxicados por mercurio en Avilés no 2012

13-04-2015 - Accidente laboral

No accidente que tivo lugar en novembro e decembro do 2012 resultaron intoxicados 50 traballadores da sbcontrata IMSA por mercurio mentras estaban a realizar traballos de mantemento nas instalacións de AZSA. No acordo ínstase ao Goberno a adoptar medidas en relación ao tratamento médico e á investigación dos efectos da intoxicación sobre a saúde dos traballadores afectados.

Así mesmo, acordouse facilitar aos afectados medicamentos de uso compasivo (fármacos que se administran antes de ter recibida aprobación oficial) e solicitar ao Goberno que intensifique a rehabilitación, prestacións e os apoios sociais precisos para os traballadores que sofren consecuencias da intoxicación incapacitantes para o traballo e a vida cotidiana.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS