Achegamento á síndrome de BURNOUT: conceptos básicos14-05-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 38O termo " burnout" foi acuñado por primeira vez en 1974 por Herbert Freudenberger, no seu libro “Burnout: The High Cost of High Achievement”. Polo xeral, o trastorno é consecuencia dunha situación de estrés laboral crónico caracterizado por un estado de esgotamento emocional, unha actitude distante fronte ao traballo (despersonalización), e unha sensación de ineficacia e de non facer adecuadamente as tarefas, producíndose en moitas ocasións unha perda de habilidades para a comunicación. |
|---|
A Organización Mundial da Saúde (OMS) procedeu ao recoñecemento oficial do burnout ou “síndrome de estar queimado” ou de desgaste profesional como enfermidade tras a ratificación da revisión número 11 da Clasificación Estatística Internacional de Enfermidades e Problemas de Saúde Conexos (CIE-11), aprobada o pasado ano e cuxa entrada en vigor fixouse para o próximo 1 de xaneiro de 2022.
A Síndrome de Burnout é unha situación que se vai xerando progresivamente ata desembocar, en moitas ocasións, nun estado de incapacidade para continuar co traballo habitual, adoitando aparecer en persoas cuxa profesión implica dedicación e atención a terceiros como, por exemplo, os profesionais do ensino, da saúde e de asuntos sociais.
Definición
Así logo podemos resumir que a Síndrome de Burnout pode definirse como unha resposta ao estrés laboral crónico, caracterizado por actitudes e sentimentos negativos cara ás persoas coas que se traballa e cara ao propio rol profesional, así como a percepción individual de atoparse emocionalmente esgotado.
En definitiva esta é unha síndrome caracterizada por esgotamento emocional, físico e mental de carácter grave, un proceso de despersonalización e baixa realización persoal no traballo, así como un importante nivel de estrés xerado no marco da interacción social nunha rutina laboral.
Actualmente a Síndrome de Burnout inclúese entre os principais problemas de saúde mental de orixe laboral, actuando como a antesala de moitas das patoloxías psíquicas derivadas dun escaso control deste risco psíquico e da carencia dunha prevención primaria desta síndrome.
Que causa o Burnout?
Podemos afirmar que a Síndrome de Burnout, tamén coñecido como síndrome de desgaste ocupacional ou profesional, é un padecemento que se produce como resposta a presións prolongadas que unha persoa sofre ante factores estresantes emocionais e interpersoais relacionados co traballo.
Un traballador/a pode sufrir a Síndrome de Burnout ao estar exposto durante un longo período de tempo a situacións laborais que impliquen:
Riscos
Na maioría dos casos, a síndrome de desgaste profesional está relacionada coas sobrecargas no traballo e con situacións permanentes de estrés asociadas ao mesmo. Con todo, outros factores poden contribuír coa situación, como tarefas e actividades extralaborais existentes, certos trazos de personalidade (como o perfeccionismo) e un estilo de vida estresante. Esta síndrome pode afectar a calquera persoa, pero usualmente tende a afectar a aquelas que teñen traballos que son física ou emocionalmente estresantes ou a persoas que están a atravesar un momento estresante da vida ou están a apoiar a un ser querido que está a pasar por un momento estresante.
Síntomas
Os síntomas da Síndrome de Bounourt ou de desgaste profesional poden ser tanto físicos como emocionais. Os síntomas físicos inclúen dor de cabeza ou de costas, trastornos do soño, náuseas, problemas intestinais, tensión muscular e cansazo. Dende o punto de vista emocional, as persoas que teñen a síndrome de desgaste profesional séntense irritables, tensas e desmotivadas. Tamén poden sentirse indiferentes (falta de interese nas cousas), mostrarse cínicas e con pouco contacto social. As persoas afectadas poden perder a confianza no seu traballo, sentirse improdutivas e sobrecargadas.
Así logo entre os principais síntomas, aparecen sentimentos de esgotamento, fracaso e impotencia; unha baixa autoestima; a percepción dun baixo nivel de realización persoal; un estado pemanente de nerviosismo; dificultades de concentración; comportamentos agresivos; problemas físicos …
Diagnóstico
O diagnóstico da síndrome de desgaste profesional realízase por especialistas médicos baseándose na sintomatoloxía, o estado emocional e os sentimentos da persoa cara ao seu traballo e cara a outros compromisos persoais.
Tratamento
Recuperarse do desgaste profesional a miúdo require de non pouco tempo e de un bo apoio. Unha terapia psicolóxica e un análise das esixencias do posto de traballo, poden ser puntos de partida útiles para identificar as causas do estrés e atopar estratexias para eliminalas, evitalas ou mitigalas.
Unha persoa traballadora afectada pola Síndrome de Burnout ante todo debe tomar conciencia da súa situación e recoñecer que non se atopa nas condicións necesarias para seguir levando a cabo adecuadamente as tarefas asignadas ao seu posto de traballo. Por iso, é importante ter en conta as seguintes recomendacións:
Se se percibe que non é suficiente con estas medidas para mellorar ou superar a situación, pode ser imprescindible buscar a axuda profesional dun psicólogo/a.
Prevención
Tendo en conta que a síndrome de desgaste profesional desenvólvese ao longo dun período longo de tempo, é importante estar atento aos signos reveladores dun nivel de estrés cada vez maior e reaccionar ante este dun xeito temprano. As persoas traballadoras afectadas poden notar que establecer límites claros no traballo, adoptar hábitos saudables (como ter horarios regulares de comidas e realizar exercicio), e buscar estratexias para contrarrestar o estrés, poden axudar a previr episodios futuros. Previr a síndrome do desgaste profesional pode ser ás veces un proceso continuo, polo que é importante identificar fontes confiables de apoio emocional tanto no ámbito laboral como social.
Pronóstico
A síndrome de desgaste profesional pódese tratar dun xeito efectivo. Aínda que pequenos cambios poden ter un impacto positivo, ás veces é necesario tomar medidas máis drásticas como realizar unha adaptación do posto de traballo ou incluso cambiar o mesmo. Ao recibir apoio, moitas persoas traballadoras comezan a experimentar unha rápida melloría; non obstante se non se trata, a síndrome de desgaste profesional aumenta significativamente o risco de presentar trastornos psiquiátricos e problemas físicos no futuro.