Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Aceptan unha multa de 770.000 euros por un accidente laboral

04-03-2013 - ACCIDENTE LABORAL

Os acusados, o xerente da empresa, un aparellador e un coordinador de seguridade, o encargado da obra e un empregado da empresa de ascensores, enfrontábanse a un total de 11 anos de cárcere, aínda que a pena quedou reducida á multa de 770.000 euros.

O accidente produciuse en xuño de 2002, cando o obreiro que traballaba na construción dun edificio en La Corredoria, caeu ao baleiro dende sete metros de altura ao subir a un ascensor. O avogado da acusación particular afirma que este era usado polos traballos de forma xeneralizada, «a pesar de que non os remataran» de «instalar».

Segundo, o Ministerio Fiscal «o ascensor non tiña luz, nin portas e existía unha ausencia de coordinación e seguimento das normas de seguridade máis elementais». Aínda así, utilizábano para subir materiais á planta, e segundo o letrado «días antes caera outro traballador, aínda que as súas feridas foron de carácter moito máis leve».

 

 

Fonte: elcomercio.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS