Accidentes de tráfico in itínere: dous tercios do total dos accidentes cando imos ao traballo, un tercio cando voltamos.07-11-2016 - SeguridadeSegundo datos da Dirección Xeral de Tráfico e do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), o número de accidentes de tráfico «in itínere», é dicir, os que teñen lugar nos traxectos entre o domicilio e o traballo, incrementouse un 10% dende o ano 2002. Atendendo a estes mesmos datos, cada ano falecen no Estado español ao redor de 100 persoas neste tipo de sinistros. |
---|
Segundo os datos facilitados polo INSHT, sufrimos o dobre de accidentes de tráfico no traxecto de ida ao traballo (un 64%), cando circulamos con máis présa que á volta (33%). O 21% destes sinistros ocorren en luns e o seu número vai descendendo ao longo da semana. As horas con máis accidentes de tráfico "in itínere" danse entre as 7 e as 9 da mañá e entre as 14 e 15 horas. Na maior parte dos casos o factor humano está detrás do sinistro: as presas ao volante, o cansanzo ou o emprego do teléfono móbil adoitan ser as causas máis habituais.