Financiado por:
/ Portada / Delegados

Accidente laboral ou enfermidade común?

12-12-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Estúdase unha situación en que coinciden un accidente laboral e unha enfermidade común. A mutua considerou as dúas continxencias como unha soa, de carácter común. O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco sentencia que ao haber unha soa continxencia debe considerarse laboral.

O traballador tiña artrose no ombro dereito da que o ían operar o 31 de maio. Unha semana antes (23 de maio) sofre un forte tirón no mesmo ombro no seu traballo habitual, cuxa avaliación de riscos considera os sobreesfuerzos na mesma situación en que se produciu o accidente.

A pesar diso, a mutua non considera o accidente de traballo. O INSS tamén denegou o correspondente recurso.

O traballador inicia proceso de IT por causa común o 23 de maio, proceso que se prorroga ata o mes de setembro, ao concluír a recuperación da operación.

O Tribunal considera que o accidente é laboral e, ao existir unha única situación de baixa laboral, que todo o período de IT debe considerarse por continxencias profesionais.

Un maxistrado presenta voto particular no sentido de que a IT do 23 ao 31 de maio é proceso laboral, pero a partir da operación debería considerarse común. Non obstante "a maioría que deliberou este asunto consideramos que estamos ante un único proceso de incapacidade temporal, que por iso non pode ter dúas continxencias distintas".

 

Aepsal.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS