Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Absolución para o director de seguridade, o coordinador de seguridade e o xefe da quenda

13-01-2017 - Sentenza

O Xulgado do Penal Número 1 de Avilés absolveu ao director de seguridade, ao coordinador de seguridade e ao xefe de quenda dun delito contra os dereitos dos traballadores polas lesións graves sufridas nunha man por un operario en xullo de 2012. A sentenza é firme, tendo en conta que non foi recorrida pola Fiscalía, que solicitaba unha pena de dous anos e medio de prisión para cada un dos procesados.

Na sentenza considérase acreditado que a empresa non só adoptou todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias, senón que o traballador coñecía «perfectamente» a utilización e manexo do portón que en xullo de 2012 lle atrapou a man dereita. No texto indícase que o plan de prevención de riscos laborais era correcto, que o traballador recibira a formación adecuada para a seu manexo e que o equipo de traballo cumpría todas as medidas de seguridade.  Recóllese así mesmo a declaración dun técnico que manifestou no xuízo que só era capaz de explicar o accidente por «unha manipulación incorrecta do sistema de apertura do portón por parte do operario», pois a botonera estaba situada «nun lugar perfectamente seguro e se o traballador solta o mando de accionamiento, o portón falla».

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS