Financiado por:
/ Portada / Delegados

Absolución para un empresario que ignorou a normativa en PRL

07-05-2018 - Sentenza

A Audiencia Provincial de Valencia non sanciona, pola vía penal, a un empresario logo de verificar, como se recolle na sentenza, que incumpliu a normativa en materia de prevención de riscos laborais: "durante o ano 2015 a empresa carecía absolutamente de organización preventiva: non se designou ningún traballador para ocuparse da devandita actividade nin se concertou cun servizo de prevención alleo, nin tan sequera fora asumida polo propio empresario; non se realizou avaliación dos riscos laborais, nin planificación das medidas preventivas, nin formación preventiva dos traballadores respecto dos riscos dos seus posto de traballo, nin vixilancia da saúde".

Segundo a sentenza, "a Inspección de Traballo constatou numerosas deficiencias na empresa: altillo sen protección perimetral contra risco de caída en altura, chan formado por palets, cable eléctrico deteriorado, extintores sen sinalizar e obstaculizados, falta de ventilación suficiente, falta de cabina de pintura, produtos químicos almacenados en espazos e envases non regulamentarios, caixas de conexións eléctricas ao descuberto, cadros eléctricos sen sinalizar e compresor de aire sen legalizar.”

A pesares dos incumprimentos probados hai que ter en conta que na xurisdición penal: “… non basta coa infracción das normas sobre seguridade e hixiene no traballo senón que esa infracción produza o efecto de poñer en perigo a vida ou integridade física dos traballadores (sentenza da sala segunda do Tribunal Supremo de 26 setembro de 2001 ), ou a súa saúde e que ese perigo debe de ser grave e non de calquera outra natureza ou de entidade menor.” E, segundo a sentenza, esa gravidade non se probou, porque:

• A falta de ventilación e de cabina illada de pintura non viñeron acompañadas dunha medición dos niveis de concentración de gases tóxicos ou explosivos, ou dun informe técnico sobre o seu grao de toxicidade,o cal puidese determinar o grao de perigo para a saúde e para a integridade física e se se pasaron ou non os limiares de perigo.

• A falta dun informe técnico dun enxeñeiro eléctrico ou perito de cualificación suficiente impide saber o grao de perigo xerado pola deficiente instalación eléctrica. É máis, nin sequera descríbese en que consiste a deterioración do cable

• Tampouco se ordenou pola Inspección de Traballo nin por outra Administración competente a clausura das instalacións, o que indica que as deficiencias non foron consideradas xeradoras dun perigo concreto e inminente.

• O resto dos defectos recollidos no informe da Inspección de Traballo non deixan de ser meras deficiencias técnicas ou incumprimentos da normativa vixente.

Así a través desta sentenza absólvese en vía penal de toda infracción da normativa de PRL.

Resulta sancionado porque: “… con intención de obter un beneficio patrimonial ilícito e con consciente desprezo ás normas laborais,mantivo de maneira sistemática aos empregados das súas empresas traballando para si e baixo as súas ordes, sen dalos de alta na seguridade social.”  O empresario resulta condeado a un ano de prisión, que non cumprirá se non ten outras condenas, e unha multa de 3.240€, máis as costas do xuízo.

Ligazón á sentenza da Audiencia Provincial de Valencia de 20 de decembro de 2017

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS