Financiado por:
/ Portada / Delegados

Absoltos dous construtores pola morte dun obreiro ao caer dunha escaleira

19-02-2015 - Sentenza

A Audiencia de Cantabria absolveu a dous socios dunha construtora que foran condenados anteriormente a dous anos de cárcere pola morte dun obreiro que caeu dunha escaleira, ao considerar que non se trata dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso con outro de homicidio imprudente, pois o traballador non empregou os medios de seguridade indicados por un dos acusados, xefe do departamento de obras e delegado de prevención de riscos laborais . Esta sentenza da Sección Terceira da Audiencia de Cantabria revoga unha anterior do Xulgado do Penal número 4 de Santander, que impuxo unha indemnización de 123.200 euros á viúva e filla do falecido, un fontaneiro de 62 anos.

O traballador caeu dende unha altura duns catro metros cando iba a retirar uns tubos fluorescentes situados a uns cinco metros do chan, segundo as instruccións do  xefe de obras. 

 

Segundo a sentenza, o traballador falecido colleu unha escada de oito metros e apoiouna sobre unha cercha a cinco metros de distancia do chan, situándose outro empregado ao pé da escada para suxeitala e recoller os fluorescentes que debían ser retirados. Unha vez situada a escada o traballador ascendeu sen nengún tipo de protección anticaídas ou medio de protección colectiva, producíndose a caída cando estaba a uns 3,5 ou 4 metros de altura.
O fallo da Audiencia, que admite o recurso presentado polos dous condenados, indica que a empresa facilitou medios de protección individual anticaídas, sendo o seu uso ordeado polo acusado e que o traballador accidentado non os empregou posiblemente, segundo reflexiona o maxistrado, porque "non vería moito sentido" a subir a escada "chanzo por chanzo, enganchando a cincha de seguridade banzo por banzo empregando o dobre mosquetón", sendo moito máis rápido e cómodo subir á escada dunha vez e cincharse arriba; o xuíz matiza que este último extremo non sería posible, xa que o accidentado "non colleu ningunha cincha de seguridade das que había na porta da nave, a pesres das ordes recibidas". Tamén se indica, a imposibilidade de empregar para este traballo outros medios de elevación por falta de espacio,  que a escada de man empregada contaba con tódalas garantías e estaba ben colocada e que a empresa formou suficientemente ao traballador en relación ao uso de escadas de man.
Así, a Audiencia de Cantabria estima integramente o recurso de apelación interposto polos dous acusados e revoga a sentenza condenatoria do Xulgado do Penal, absolvendo ao xefe do departamento de obras e delegado de prevención en riscos laborais e a encargada e responsable da administración, da pena de dous anos de cárcere á que foran condenados.
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS