A soidade, “sombra” do teletraballo07-07-2020 - PSICOSOCIALAínda que traballar en remoto pode ser un desexo para moitos, tamén pode ser o obstáculo para o rendemento. O illamento, a inestabilidade e os prazos límite son as principais queixas dos teletraballadores, segundo a Asociación Estadounidense de Psicoloxía (APA). Trala fase inicial de entusiasmo na que todo son vantaxes ao traballar desde casa, chega a desmotivación e os días longos nos que a única vía de comunicación co exterior é o correo electrónico, os chats ou a vídeo conferencia. |
|---|
O ‘animal social’ que somos, necesita comunicarse, estar conectado con outros seres humanos e o compoñente emocional das relacións sociais. É o teletraballo un beneficio?
Segundo o informe de Buffer sobre o estado do traballo remoto de 2020, o 98% dos 3.500 teletraballadores enquisados afirmaron que lles gustaría traballar de forma remota polo menos parte do tempo durante o resto da súa vida profesional.
Aínda que traballar en remoto pode ser un desexo para moitos, tamén pode ser o obstáculo para o rendemento. O illamento, a inestabilidade e os prazos límite son as principais queixas dos teletraballadores, segundo a Asociación Estadounidense de Psicoloxía (APA). Trala fase inicial de entusiasmo na que todo son vantaxes ao traballar desde casa, chega a desmotivación e os días longos nos que a única vía de comunicación co exterior é o correo electrónico, os chats ou a vídeo conferencia.
A falta dese contacto ten certos riscos que dende a empresa hanse de medir
Exercer de forma remota supón perderse a interacción cos compañeiros/as e os aspectos sociais que ofrece estar nunha oficina. E a redución das interaccións cara a cara debilita os vínculos interpersoais entre compañeiros/as, segundo a metaanálise The Good, the Bad, and the Unknown About Telecommuting, realizado por investigadores da Universidade de Pensilvania e publicado na Asociación Estadounidense de Psicoloxía (APA)
Estas consecuencias negativas poden ser especialmente graves para quen traballa en remoto a maior parte do tempo. Traballar moito tempo só reduce a posibilidade de crear ideas novas xunto a outros, de innovar e de retroalimentarse á hora de realizar as tarefas. A soidade pode afectar o rendemento, a creatividade, o razoamento e a toma de decisións.
Esa 'soidade' obriga a unha autoxestión e, especialmente, unha automotivación que, nalgúns casos, pode ser case inalcanzable.
As investigacións realizadas ata a data resaltan os beneficios do teletraballo e aseguran que traballar un día ou dous á semana dende casa aumenta a motivación e a produtividade dos empregados/as, ademais do seu benestar ao reducir a tensión polos desprazamentos á oficina e as dificultades para conciliar. Pero estas investigacións tamén coinciden nun punto crave: o que é beneficioso para quen inviste uns días ao mes teletraballando, vólvese en contra daqueles que o fan todos os días. E un dos motivos é a cantidade de tempo que pasan sós.
Pero, ademais dun inconvinte social e laboral, tamén pode derivar nun problema de saúde. Son moitos os estudos que relacionaron de maneira inequívoca o illamento social cun maior risco dunha variedade de doenzas físicas e mentais que tenden a empeorar a medida que cumprimos anos.
Vivek Murthy -psicólogo- no seu ensaio “O traballo e a epidemia da soidade”, revela que esta condición tamén pode ocasionar graves consecuencias na saúde. Principalmente, asóciase cun risco máis alto de enfermidades cardiovasculares, demencia, depresión e ansiedade.
Fonte: Prevención Integral