A sobrecarga de e-mails no traballo aumenta o estrés12-09-2012 - PSICOSOCIALO exceso de correos electrónicos que se xestiona nas empresas está relacionado cun incremento de estrés dos traballadores, así como coa perda de produtividade das compañías, segundo un estudo elaborado pola Universidade Católica de Lovaina, en Bélxica. | ![]() |
|---|
"O exceso de e-mails e de información en xeral carrexa riscos sociais e psíquicos para os empregados e empobrece á empresa", segundo a profesora responsable da investigación, Caroline Sauvajol-Rialland.
O correo non desexado ("spam"), as "newsletters" ou as mensaxes que se reciben por subscrición, os e-mails abusivos e as mensaxes electrónicas internas contribúen á saturación dos traballadores que, ao chegar cada día á oficina, teñen que xestionar toda esa información.
A investigadora advirte de que o
fenómeno da "infobesidad", termo popularizado en 1970 polo
escritor estadounidense Alvin Toffler na súa novela de Future Shock,
supón unha ameaza tanto para a calidade de vida dos traballadores
coma para a viabilidade das empresas.
Segundo Sauvajol-Rialland, máis do 90% das persoas con responsabilidades nas empresas cre que o fluxo de información que xestionan é excesivo, en tanto que o 70% admite que está saturado polos datos que manexa.
A "sobrecarga de
información" provoca ademais interrupcións cada 7 minutos
aproximadamente, e cada traballador emprega o 30% da súa xornada
laboral en atender as chamadas ou os emails.
Ademais, estes correos cada vez esixen máis inmediatez á hora de respondelos, de maneira que o propio empregado contribúe tamén a incrementar o exceso de intercambio de información, explicou a investigadora: "Se un traballador pasa tanto tempo xestionando as mensaxes, esa actividade pode chegar a superpoñerse á actividade principal da empresa, a actividade produtiva".
O paradoxo tecnolóxico
Así, as novas tecnoloxías, creadas para
xestionar de xeito máis simple e eficaz o fluxo de información,
estarían a ter o efecto contrario. "É paradoxal",
admitiu. Ante a cada vez maior cantidade de información electrónica
que deben tramitar os traballadores (recordou que o volume de
información dixital se duplica cada catro anos), os responsables de
dereitos humanos, os sindicatos ou os expertos en prevención de
riscos laborais empezan a ter en conta o problema: "Algunhas
empresas imparten formación especial aos seus traballadores sobre
como utilizar as novas tecnoloxías de xeito eficiente para xestionar
a información", sinalou Sauvajol-Rialland.
Outras mesmo
chegaron a propoñer que non se poidan recibir correos electrónicos
pola tarde, cando a xornada laboral concluíu: "Hai que
recoñecer o dereito ao descanso", afirmou a investigadora, e
asegurou que o uso por parte dos empregados do ordenador portátil ou
outros dispositivos móbiles para recibir mensaxes da empresa
"incrementa o seu estrés" e "mina", ao final, a
produtividade da compañía.
Fonte: lavanguardia.es