Financiado por:
/ Portada / Delegados

A sanidade valenciana axiliza a declaración de enfermidades profesionais e impide centos de despedimentos

08-03-2016 - Saúde laboral

A Conselleria de Sanidade da Generalitat Valenciana acaba de poñer en marcha, a pleno rendemento a efectos funcionais e informáticos na rede de centros de saúde e os hospitais, ou sexa no sistema básico do medicamento familiar, o novo sistema de vixilancia epidemiolóxica e laboral que está a dar moi bos resultados. Tanto é así que se disparou no último ano un 45% a declaración e diagnóstico de enfermidades profesionais.

Unha das consecuencias, foi ademais a de desatar a alarma entre o empresariado, que esixe reformas urxentes da Lei de Seguridade e Saúde Laboral, que obrigue máis aos traballadores/as a facerse os recoñecementos médicos nas súas empresas, xa que centos de empregadas/os (sobre todo mulleres de limpeza, industria do calzado e hostalería, a maioría de 45 a 55 anos) están a evitar ser despedidas de forma obxectiva polos seus patróns (por absentismo), tal e como estableceu a a última e dura reforma laboral aprobada fai agora algo máis de tres anos polo Goberno de España.

A vixente reforma laboral do PP endureceu terriblemente a falta ao traballo por enfermidade común dos traballadores, ou sexa, un simple arrefriado ou unha gripe pode ser causa de despido obxectivo. Pois ben, agora esta axilización na declaración de enfermidades da sanidade valenciana, está a permitir a moita xente, sobre todo mulleres, conservar o seu posto laboral. Isto é, evitar o despedimento obxectivo por absentismo laboral. O seguinte paso debrería ser previr máis as enfermidades profesionais, polo que o Invassat debe recibir o envorcado de todos os datos dispoñibles para “estreitar” a información sobre prevención e non só sobre a detección das enfermidades cando xa as sofre o traballador.

As faltas de asistencia ao traballo, aínda estando debidamente xustificadas, poden dar lugar ao despedimento do traballador en determinadas circunstancias. Tras as modificacións introducidas pola reforma laboral de 2012, a aplicación do despedimento por absentismo esixe, en primeiro lugar, que as faltas de asistencia (aínda xustificadas polo traballador) sexan intermitentes; e, en segundo lugar, que as ausencias do empregado alcancen determinadas porcentaxes dentro do período de referencia establecido pola norma: ben o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, sempre que o total de faltas de asistencia nos 12 meses anteriores alcance o 5% das xornadas hábiles; ou ben o 25 % en 4 meses descontinuos dentro dun período de 12 meses. A Lei 3/2012 de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral impulsada polo PP introduce no seu artigo 18 unha importante novidade, cal é a de desvincular a súa aplicación do índice de absentismo total do persoal (índice que debía superar o 2,5% nos mesmos períodos). Así, segundo a última reforma laboral, catro xornadas de ausencia ao traballo dentro do mesmo mes ou dúas faltas de catro días cada unha, son motivo suficiente de despedimento obxectivo sen dereito algún a indemnización.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS