Financiado por:
/ Portada / Delegados

A saúde e a seguridade no traballo en cifras

06-09-2013 - EU-OSHA

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo solicita información sobre estatísticas de seguridade e saúde no traballo, e leva a cabo enquisas e sondaxes en toda Europa.

Ocupámonos de asuntos como os accidentes de traballo, as tendencias demográficas e as enfermidades profesionais, a xestión de riscos no lugar de traballo, ou as percepcións da poboación respecto ao ámbito de traballo en Europa.

Nos informes elaborados polo Observatorio Europeo de Riscos da Axencia analízanse datos procedentes de fontes de escala nacional e da UE, e descríbense as consecuencias destas cifras para a seguridade e a saúde no traballo (véxanse, por exemplo, os nosos informes «A SST en cifras»).

A Axencia mantén unha estreita colaboración coa Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo e con Eurostat, a oficina comunitaria de estatística, para poder ofrecer unha visión clara da seguridade e a saúde no traballo na UE.

 

Fonte: Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS