Financiado por:
/ Portada / Delegados

A relación entre os accidentes de tráfico e a xornada laboral

13-03-2014 - SEGURIDADE

Dende a DGT insístese en racionalizar viaxes xa sexa en número, duración ou modo. «Un horario partido incita a máis viaxes; un horario seguido a menos», apuntou Seguí. Usar vías e vehículos máis seguros, observar os límites de velocidade, abrocharse o cinto de seguridade e utilizar sistemas de retención infantil ou casco, e non consumir alcohol ou drogas ao volante son algúns dos puntos que DGT destaca como medidas de prevención. Para o organismo, é moi importante que as empresas teñan un Plan de Seguridade Vial.

Os máis de 80.000 accidentes de tráfico con vítimas que se producen ao ano no Estado español, ademais do custo humano, «xeran unha perda do 2% do PIB» segundo a directora da DGT, María Seguí.

No Estado español, onde se contabilizan 41 falecidos por millón de habitantes, con 5 feridos graves e 55 feridos leves por cada falecido, o perfil das vítimas cambiou nos últimos anos. «O falecido nun accidente de tráfico non é o mozo inexperto e condutor, como se acostuma a pensar» apuntou Seguí.

Neste sentido, afirmou que o 51% das vítimas ten máis de 45 anos, o que representa unha «poboación en plena idade produtiva e de traballo». «A mobilidade dos traballadores exponos ao risco. Así que a implicación das empresas coa seguridade vial non é un custo, é un investimento. O máis prezado dunha empresa é o capital humano», engadiu.

Proba da importancia da xornada laboral no número de accidentes é que «o 75% de falecidos por accidentes de tráfico se concentran entre as 8 da mañá e as 8 da tarde» e o 64% de luns a venres, o que apunta a que «moitos accidentes son para ir e vir do traballo», segundo indicou.

Dende a DGT insístese en racionalizar viaxes xa sexa en número, duración ou modo. «Un horario partido incita a máis viaxes; un horario seguido a menos», apuntou Seguí. Usar vías e vehículos máis seguros, observar os límites de velocidade, abrocharse o cinto de seguridade e utilizar sistemas de retención infantil ou casco, e non consumir alcohol ou drogas ao volante son algúns dos puntos que DGT destaca como medidas de prevención. Para o organismo, é moi importante que as empresas teñan un Plan de Seguridade Vial.

Eduardo Berché, decano da Facultade de Dereito de ESADE e profesor de Dereito Financeiro e Tributario estima que «as empresas poden ser responsables dos accidentes de tráfico dos seus empregados, polo que deben implicarse na seguridade vial».

Á súa vez, o director do Servei Català de Trànsit, Joan Josep Isern, anunciou a creación dun grupo de traballo en marzo dirixido a facilitar formación aos traballadores en seguridade vial. Para Isern, con políticas de disuasión, como as multas, non hai suficiente «polo que hai que apostar polas políticas de persuasión e polo trabjo conxunto de administración e empresa privada».

Ademais, no caso de empresas de transporte os expertos coinciden en que non cabe dúbida que o empresario debe responsabilizarse do mantemento do vehículo, da formación e información aos traballadores e de incidir na vixilancia da saúde.

 


Fonte: preventionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS