Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A precariedade e a incerteza no traballo xeran riscos "laborais e psicosociais"

04-04-2014 - PSICOSOCIAL

O comisario europeo de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor, opinou hoxe que "a precariedade" e "a incerteza" dos traballadores no seu posto de traballo, poden xerar "riscos laborais e psicosociais".

Segundo afirmou o Comisario europeo, no acto de inauguración das novas oficinas que a Axencia Europa para a Seguridade e a Saúde no Traballo ten en Bilbao, na actualidade "hai moita precariedade" no mercado laboral, pero tamén hai "moita precariedade e riscos" de accidentes no sector da construción, onde moitos deses empregos desapareceron.

Ao seu xuízo, "os novos empregos contan cunha maior protección e cobertura" pero "a incerteza" respecto ao posto de traballo pode xerar "riscos laborais e psicosociais", polo que haberá que "emprender medidas" para que esa situación se reduza.

László Andor detallou que, a pesar dos avances conseguidos en seguridade laboral, cada ano na UE máis de 3 millóns de traballadores son vítimas dalgún tipo de accidente serio, e hai máis de 4.000 mortes relacionadas co traballo.

As estatísticas europeas sinalan que no Estado 365 traballadores morreron en 2011 no seu posto.

Por iso, a economía post crise debe asentarse en traballos de calidade e os Estados membros e as empresas deberán promover a prevención para reducir riscos laborais.

Ademais, os estados deberán tratar de implementar as normas sobre seguridade e saúde no traballo.

Andor anunciou que proximamente vai presentar un novo Marco Estratéxico da UE para o período 2014-2020, onde se identificarán os retos neste ámbito da política.

Recordou que o Fondo Social Europeo está dispoñible para os Estados membros e instounos a que "se aproveiten" dese financiamento para promover un emprego de calidade e sostible.

Segundo adiantou a súa directora, Christa Sedlatschek, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo vai realizar unha análise do impacto que ten a crise na seguridade e saúde no traballo e vai realizar unha campaña sobre os niveis de estrés no posto de traballo.

Así, coincidiu co Comisario en que "a incerteza que sofren os traballadores pode ser equivalente a un maior estrés psicosocial".

 

Deia.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS