Financiado por:
/ Portada / Delegados

A posibilidade de contraer unha enfermidade por falta de exercicio físico ou actividade deportiva afecta no estado español ao 73% das persoas

24-08-2016 - SAÚDE

O sedentarismo incrementa notablemente o risco de contraer certas enfermidades. A prevalencia de doenzas crónicas como hipertensión e diabetes é entre 2 e 4 veces maior en persoas inactivas

Un novo estudo recentemente relizado realizado amosa de xeito abafante as importantes diferencias existentes o entre a saúde das persoas que fan deporte e as quen non o fan. O estudo amosa que a incidencia de enfermidades increméntase notablemente na poboación inactiva ou sedentaria, cuadriplicándose nalgúns casos con respecto á observada na poboación que practica actividade física ou deportiva.

O estudo analiza datos dunha enquisa realizada a 22.842 persoas no conxunto do Estado, obsérvandose reducións importantes na porcentaxe de persoas cunha percepción de saúde negativa, o consumo de medicamentos e a prevalencia de patoloxías. Por exemplo, a incidencia da hipertensión no tramo de idade de 55 a 64 anos pasa do 17% ao 31% dependendo se practican exercicio ou non. Na poboación de 45 a 64 anos a prevalencia de diabetes triplícase nos sedentarios.

Asemade verificouse que o 56% das persoas que non practican apenas actividade física toman algún medicamentos, mentres que este consumo redúcese sustancialmente, entre o 38% e 39% nos grupos máis deportistas. Dato este que axuda a hipotetizar sobre o importantísimo aforro que supoñería para o sistema público de saúde (todos nós), o conseguir que máis xente realizara deporte e/ou exercicio físico.

"Numerosos estudos demostraron que a inactividade física é o cuarto factor de risco de mortalidade global, causando o 10% das mortes en Europa", sinala. Á inactividade física atribuíuse polo menos o 10% de enfermidades cardiovasculares, o 7% das diabetes tipo 2, o 10% do cancro de mama e cancro de colon, e o 9% de mortalidade prematura, asegura o informe. O impacto na esperanza de vida do deporte é de sete anos. Os investigadores tamén observaron unha correlación moi clara entre exercicio físico e menor incidencia problemas de saúde mental.

Por outra banda e abondando no enfoque da incidencia dos determinantes sociais na saúde das persoas, o estudo verifica a extraordinaria importancia da situación socioeconómica  dos individuos en relación coas vulnerabilidades para a saúde. Así verifícase que as mulleres e aquelas persoas que contan cunha peor educación, normalmente realizan moito menos exercicio físico-deportivo, estando moito máis expostas ás consecuencias negativas dese sedentarismo e inactividade. Por xénero, o 80% das mulleres do estado español están por baixo do umbral da actividade físico-deportiva recomendable, fronte ao 66% dos homes. Por nivel educativo atopámonos con que o 83% das persoas con educación básica é perigosamente sedentaria, cuestión esta que contrasta coas persoas que contan con educación superior ás que a inactividade afecta nun 62% dos casos.

Á vista destes datos, parece lóxico que as campañas de promoción do exercicio físico e a actividade deportiva deban centrase nestes colectivos. É unha responsabilidade pública e social, informar, promover e facilitar a realización de exercicio físico e actividades deportivas dos cidadáns, especialmente de aqueles grupos que menos os practican. Baste dicir que namentras o gasto sanitario en prevención de enfermidades crónicas non chega nin sequera ao 3% en España, pola contra adícase o 80% do gasto sanitario ao seu tratamento.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS