Financiado por:
/ Portada / Delegados

A nova cepa de gripe aviaria supón unha "grave ameaza", segundo científicos

06-05-2013 - SAÚDE

Unha nova cepa de gripe aviaria que está a causar un brote mortal en China é unha ameaza para a saúde mundial e debería ser considerada seriamente, segundo científicos.

A cepa H7N9 causou a morte de 24 persoas e infectado a máis de 125, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), que a describiu como "un dos virus de gripe máis letais".

A alta taxa de mortalidade, xunto cun relativamente elevado número de casos nun curto período e a posibilidade de que o virus adquira a capacidade de transmitirse entre persoas, fai do H7N9 un risco de pandemia, dixeron expertos.

"A OMS considera isto unha grave ameaza", dixo John McCauley, director do Centro de Colaboración da OMS para a Influenza no Instituto Nacional de Investigación Médica en Reino Unido.

Nunha sesión informativa en Londres, expertos en viroloxía dixeron que os estudos iniciais suxiren que o virus ten varias características preocupantes, como dúas mutacións xenéticas que o fan máis propenso a eventualmente transmitirse de persoa a persoa.

"Canto máis tempo estea sen controlar o virus en circulación, máis alta é a probabilidade de que este virus comece a contaxiarse de persoa a persoa", dixo Colin Butte, experto en enfermidades aviarias do Instituto Pirbright de Reino Unido.

Das 125 persoas infectadas co H7N9 ata agora, unhas 20 morreron, aproximadamente o 20 por cento recuperouse e o resto aínda está enfermo. A infección pode derivar nunha pneumonía severa, envelenamento do sangue e insuficiencia dos órganos.

"Esta é unha enfermidade moi, moi grave naqueles que foron infectados. Polo que se se estendese, sería un brote extraordinariamente desvastador", dixo Peter Openshaw, director do centro de infeccións respiratorias do Imperial College London, na sesión informativa.

Os científicos que analizaron datos da secuencia xenética de mostras de tres vítimas do H7N9 dixeron que a cepa é chamada virus "triplo recombinante" cunha mestura de xenes doutras tres cepas de gripe achadas en aves en Asia.

Os casos humanos da gripe H7N9 acháronse en varias partes de China nos últimos días e agora rexistráronse en todas as provincias do país.
A semana pasada, un home de Taiwán converteuse no primeiro caso de gripe fóra de China continental, aínda que se contaxiou mentres viaxaba nese país.

A cepa H7N9 non era coñecida en humanos ata que foi identificada en persoas enfermas en China en marzo.

Os científicos din que está a transmitirse de aves -posiblemente polos- ás persoas, e non hai evidencia aínda do virus pasando de persoa persoa.

 

Fonte: Kate Kelland

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS