Financiado por:
/ Portada / Delegados

A morte en accidente laboral dun traballador remata por saírlle de balde aos empresarios a pesares da súa condena en firme

09-09-2016 - ERRO XUDICIAL

Prescritos os delitos e cos empresarios na rúa, a viúva pediu ao Estado unha indemnización de 10.000 euros; o seu avogado díxolle que o Ministerio de Xustiza é moi restritivo á hora de fixar indemnizacións por erros xudiciais. É dicir, con sorte pode conseguir 10.000 dos 210.000 que debían cobrar ela e a súa sogra dos empresarios condeados en firme.

O sinistro que segou a vida de Manuel Vicente, traballador de 26 anos da empresa Secour SC, produciuse o 19 de Outubro do ano 2000. Xunto a outro compañeiro, subiuse ao tellado dunha nave situada na rúa Mallol, 22, de Sevilla. Para subirse, utilizaron un elevador. Ían provistos duns arneses, pero sen as cordas para suxeitarse. Mentres o seu colega baixaba a por elas, Manuel Vicente apoiouse nun vértice da cuberta, sobre unhas placas de fibrocemento (uralita), que cederon polo peso e caeu ao interior da nave.

Os empresarios tentaron lavarse as mans alegando que eles non ordenaran ao traballador subirse á cuberta, que o fixo pola súa conta. En dereito laboral, os patróns teñen a obrigación legal de impoñer aos seus obreiros que extremen as medidas de seguridade e impedirlles que realicen laboura algunha se non están provistos das medidas estabelecidas. Responden penalmente por iso, ata co cárcere.

A viúva buscou un avogado e acudiu á vía penal. Aí empezou o seu segundo calvario. Tivo que esperar catro anos, ata abril de 2004, para que o Xulgado do Penal 5 de Sevilla (tamén tras unha longa e dilatada instrución) ditase a sentenza. Os irmáns Rodríguez foron condenados a un ano de cárcere por un delito de homicidio por imprudencia (a morte de Manuel Vicente) e tres meses máis por outro contra a seguridade dos traballadores.

Os empresarios recorreron a condena ante a Audiencia de Sevilla, sen éxito. O Tribunal confirmou un ano despois a pena e remitiu as dilixencias ao xulgado do penal para que a executase de inmediato. Para entón pasaran seis anos desde o óbito.

Pero un grave erro xudicial permitiu que os responsables da morte de Manuel Vicente non pisen o cárcere nin paguen un só céntimo dos 210.000 euros de indemnización fixados na sentenza (150.000 euros para Sonia e 60.000 para o súa xa anciá sogra).

Sete anos estivo durmido nos andeis do xulgado o sumario. A sentenza, sen tacha, firme e irrecurrible, existía, e dicía o que había que facer. Pero faltaba executala. De nada serviron os constantes escritos que presentaban a viúva e o seu avogado, ante o Xulgado do Penal número 5 de Sevilla, ata outubro pasado dirixido por María José Cuenca. A xuíz que axuizou o accidente e esqueceu encarcerarlles. E cando quixo facelo, legalmente non se podía.

Os empresarios puxeron un recurso ante a Audiencia e gañaron por goleada: a execución da pena estaba prescrita. Pasaran sete anos e o límite máximo para a execución son cinco. Quedaron libres por completo de ambos os delitos e sen ter que pagar nin un duro.  Están coma se nada fixesen (ou non feito).

Aínda por riba de males, a empresa nin sequera tiña un seguro que cubrise accidentes mortais dos seus traballadores. Ao contrario, a póliza que mantiñan coa compañía Mapfre “excluía expresamente os accidentes laborais con resultado de morte”. É dicir, ou pagaban os empresarios ou ninguén máis o faría.

O Consello do Poder Xudicial carece de competencia para sancionar os erros xudiciais (iso só pode facelo o Tribunal Superior xerárquico do xuíz), pero si as ten para ditaminar que a Administración de Xustiza (un dos seus xulgados) fallou e que a vítima debe ser resarcida. No caso da morte de Manuel Vicente, o Poder Xudicial entendeu o pasado 19 de maio que “produciuse un funcionamento anormal da xustiza”. “É especialmente relevante a tardanza en ditar a resolución pola que se denegou a suspensión da condena”, sostén o Consello.

Prescritos os delitos e cos empresarios na rúa, a viúva pediu ao Estado unha indemnización de 10.000 euros; o seu avogado díxolle que o Ministerio de Xustiza é moi restritivo á hora de fixar indemnizacións por erros xudiciais. É dicir, con sorte pode conseguir 10.000 dos 210.000 que debían cobrar ela e a súa sogra dos empresarios condeados en firme.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS