Financiado por:
/ Portada / Delegados

A morte dun obreiro achado sen vida 13 horas despois de saír da empresa para prestar un servizo por conta daquela non é accidente laboral

01-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia dixo que o falecemento dun obreiro que foi achado morto no interior dun vehículo case 13 horas despois de saír do seu lugar de traballo non pode ser considerado accidente de traballo.

A sentenza, á que tivo acceso Efe, desestima así o recurso que a súa viúva presentou contra a resolución do Xulgado do Social de Cartagena (Murcia) que primeiramente entendeu do asunto e que rexeitou a demanda que entaboara contra a empresa, unha mutua e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

O Xulgado declarou probado que este empregado da empresa C.A.E.S. comezou a súa xornada de traballo do día 27 de agosto de 2011 ás 8:30 horas, saíndo das instalacións dúas horas máis tarde.

Dende esta última hora, non se puido determinar que é o que fixo, coñecéndose só que foi achado morto ás 23:00 horas no interior dun coche da empresa que estaba aparcado fronte ás instalacións desta.

A sentenza engadía que o óbito se produciu por unha parada cardiorrespiratoria provocada por unha cardiopatía dilatada. O Xulgado do Social desestimou a demanda da muller, que foi presentada despois de que o Instituto Nacional da Seguridade Social lle recoñecese a pensión de viuvez, pero derivada de enfermidade común.

Na súa apelación ante o TSJ, a viúva expuxo que o falecemento debía ser considerado como producido en accidente de traballo, ao expoñer que o día en que se produciu este tiña dous servizos que prestar fóra das dependencias da empresa, un deles, nunha urbanización de Cabo de Paus (Cartagena) e outro no Hospital Naval desta cidade.

A Sala non estimou estas apreciacións porque, como expón na sentenza desestimatoria, esas manifestacións non puideron ser probadas.

E engade que "o certo é que non existe ningunha proba, en absoluto, que permita coñecer onde estivo e que fixo o traballador dende que saíu da empresa ás 10:30 horas ata que faleceu, e se se tivese realizado algunha actividade, podería terse acreditado sen excesiva dificultade".

 

Fonte: A opinión de Murcia

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS