Financiado por:
/ Portada / Delegados

A gripe contáxiase con moita frecuencia na contorna laboral

28-10-2016 - SAÚDE LABORAL

Así é, o contaxio da gripe prodúcese nun de cada tres casos no ámbito de traballo, estimándose que cando menos un 18% das baixas laborais totais no Estado español son consecuencia directa da gripe, que se expande con maior facilidade en oficiñas e espazos pechados.

Normalmente prodúcese un importante efecto contaxio entre os/as empregados/as,  que remata por afectar a actividade produtiva. A Asociaición Española de Mediciña do Traballo estima unha perda anual de 60 millóns de horas de traballo cun custo aproximado de 1.257 millóns de euros.

Nestes casos a prevención do contaxio e o posterior desenvolvemento da enfermidade, pasa pola vacinación como medida máis eficaz, calculándose que reduce nun 44% as visitas ao médico e nun 70% as baixas laborais por este motivo.

Lavarse as mans con frecuencia, beber abundante líquido e non expoñerse a cambios bruscos de temperatura (calefacción interior/frío exterior) axudan a mellorar as posibilidades de non contaxiarse. En calquera caso, cando un traballador/a está contaxiado de gripe, o mellor e non acudir ao traballo para evitar contaxiar e propagar a enfermidade entre outros/as traballadores/as.

En calquera caso esixten colectivos profesionais especialmente sensibles ao contaxio da gripe, e que polo tanto deberían vacinarse como medio de prevención cara ao contaxio: profesionais sanitarios, persoal de ensino e de institucións xeriátricas, membros das forzas de seguridade ou condutores.

A maiores, as persoas de maior idade, as mulleres embarazadas ou perosas con patoloxías crónicas como diabetes, enfermidade renal, pulmonar, etc, deberían vacinarse como medio preferente de prevención.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS