Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A extensión da inseguridade no mercado laboral

25-05-2015 - OIT

A OIT ven de publicar o informe “Perspectivas sociais e do emprego no mundo en 2015”, no que por exemplo se indica que só unha cuarta parte dos traballadores e traballadoras do mundo teñen un emprego estable; o resto están empregados a través de contratos temporais, traballan en empregos informais sen contrato, en empresas familiares sen recibir remuneración ou por conta propia.

A primeira edición do informe, titulada “O emprego en plana mutación” amosa que aínda que o emprego remunerado está a aumentar no mundo, este só representa a metade do emprego mundial.

Os datos indican un incremento do traballo a tempo parcial, sobre todo entre as mulleres novas. Tamén amosan o cambio que está a experimentar o mundo laboral, no que as relacións de traballo tradicionais están dando lugar a un maior número de formas de emprego atípicas, cambio que en moitos casos está relacionado co incremento da inseguridade salarial de traballadores e traballadoras, as desiguladades e as taxas de pobreza.

O informe constata que os pasos dados para a ampliación da cobertura das pensións e a protección social, están fundamentalmente disponibles para os traballadores/as estables; ou que as desigualdades nos ingresos entre traballadores permanentes e non permanentes están a aumentar agravadas pola incidencia das formas de traballo non permanentes, o crecemento do desemprego e da inactividade.

Este informe aporta datos sobre o oitenta e cinco por cento da poboación activa do mundo.

Ligazón ao informe “Perspectivas sociais e do emprego no mundo en 2015

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS