Financiado por:
/ Portada / Delegados

A empresa Unión Naval, condenada a pagar 21 millóns de euros a traballadores afectados por amianto

24-04-2019 - SENTENZA

O Xulgado de Instrución número 12 de Valencia, nun auto de transacción, condenou a Unión Naval a asumir máis de 21,5 millóns de euros en indemnizacións por responsabilidade civil ante os danos por exposición prolongada ao amianto que sufriron máis de 300 extraballadores dos estaleiros que o Grupo Boluda mercou en 1999.

Os anos de reivindicación por parte dos traballadores/as afectados para que se recoñecesen xudicialmente as consecuencias penais e civís dos efectos do amianto, saldáronse o pasado venres cun acordo transaccional de homologación contra Unión Naval (primeiro de Levante e despois de Valencia), tras tres anos de litixios xudiciais.

Unión Naval de Levante chegou a ter un cadro de persoal superior aos 2.000 traballadores, chegando a pasar por ela máis de 3.000 traballadores da empresa principal e posiblemente máis de 5.000 traballadores de diferentes contratas.

A pesares da cifra de afectados, un informe da Inspección de Traballo acreditaba nunha sentenza laboral que na Unión Naval de Levante traballouse con amianto ata 1989, e na Unión Naval de Valencia ata 2001 coa reparación do buque 'Ártico'.

É necesario lembrar que sorprendentemente a finais do ano 2016, a por outros moitos motivos cuestionada Audiencia Provincial de Valencia, freou inopinadamente un macrocaso de extraballadores de Unión Naval enfermos, por unha presunta prolongada exposición ao amianto. Nun auto, o Tribunal estimou os recursos do fiscal e da empresa contra o proceso iniciado por uns 350 extraballadores, enfermos por patoloxías presumiblemente ocasionadas por estar en contacto con po de amianto durante a súa etapa laboral no estaleiro.

Esa denuncia ía dirixida contra varios responsables de Unión Naval xa que, segundo o colectivo demandante, non se adoptaron as medidas necesarias para evitar a súa exposición a este material tóxico. A Audiencia xustificou a súa decisión nunha sentenza de conformidade do ano 2009, froito dun proceso semellante impulsado por outro grupo de extraballadores, e no que incriblemente se acordou cualificar os feitos como falta e non como delito, a cambio de que cobrasen máis de 11 millóns en indemnizacións. As defensas alegaron «indefensión xurídica» dos novos demandantes, excluídos das indemnizacións, e anunciaron que esgotarían todas as vías legais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS