A electrosensibilidade xa ten consideración de accidente de traballo14-01-2019 - SENTENZARecentemente o Xulgado do Social Número 1 de Zaragoza, determinou que a patoloxía de electrosensibilidade que padece un traballador foi orixinada única e exclusivamente pola súa actividade laboral e por tanto as incapacidades temporais IT) que tivo este traballador dende 2014 teñen carácter laboral e deben ser consideradas como Accidente de Traballo. Dita sentenza foi ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Aragón | ![]() |
|---|
O demandante comezou a desenvolver a partir de 2009 unha resposta biolóxica particular ante a exposición a campos electromagnéticos non ionizantes por disfunción límbica, tanto de alta como de baixa frecuencia, (wifi, telefonía móbil, wimax, computadores, tendidos eléctricos, transformadores eléctricos, etc). En 2014 foi diagnosticado de Electrohipersensibilidade, como enfermidade común. Tras solicitar administrativamente o cambio de Enfermidade Común a Accidente de Traballo nas súas Incapacidades Temporais (IT), o INSS resolveu que ditas Incapacidades Temporais debían ser consideras como continxencias comúns. Interpúxose demanda para solicitar o devandito cambio de continxencia a Accidente de Traballo a través do Xulgado do Social citado.
Ligazón á sentenza do Xulgado do Social número 1 de Zaragoza Sentencia 203/2018
Ligazón á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón Sentencia 691/2018
Fonte: prevencionar. com