Financiado por:
/ Portada / Delegados

A desidratación provoca un incremento do risco de accidentes e un descenso da productividade

28-08-2013 - Saúde laboral

A deshidratación "afecta á toma de decisións e a función cognitiva, traducíndose nun descenso da produtividade e aumento do risco de accidentes laborais e doutra índole". Pola contra, unha correcta hidratación no traballo "pode previr moitos accidentes laborais e situacións de baixo rendemento, e mellorar a sensación de benestar dos traballadores".


Aproximadamente dous terzos do peso do corpo dunha persoa son auga e esta considérase como un elemento esencial para a maioría dos procesos fisiológicos. O noso organismo non almacena a auga, polo que a cantidade que perdemos diariamente debe restituírse mediante a inxesta de auga e outros líquidos, e alimentos cun alto contido en auga, de forma periódica e rutineira.
Manter unha correcta hidratación é especialmente relevante cando se realizan tarefas intelectuais ou que requiran a atención e estado de alerta das persoas. En concreto, tan só unha deficiencia do 1% do peso corporal relacionouse con diminución do rendemento físico, mentres que unha deshidratación do 2% afecta xa ao rendemento intelectual (memoria a curto prazo, atención, fatiga, facultades aritméticas, velocidade psicomotriz, rapidez de decisións perceptivas, etc).

Así o sosteñen os profesores Javier Aranceta, director do Curso de Verán da Universidade de Cantabria "Avances en Nutrición e Saúde Pública" e Lluís Serra-Majem, presidente da Fundación para a Investigación Nutricional (FIN) e da Academia Española de Nutrición e Ciencias da Alimentación (AEN) e co-autor xunto con Aranceta da Guía da Hidratación.


Fonte: e-saudable.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS