Financiado por:
/ Portada / Delegados

A crise económica e a reforma laboral teñen incrementado exponencialmente os riscos psicosociais

16-03-2015 - PSICOSOCIAL

Segundo o estudio "Prevención participativa dos Riscos Psicosociais Emerxentes en Pequenas e Medianas Empresas" financiado pola UE, a reforma laboral como excusa da crise económica mundial ten producido unha fonda desregulación do mercado laboral así como unha flexibilización a ultranza do mercado de traballo, o que sumado á precarización laboral e á perda de dereitos, xunto coa incorporación de novos sistemas de organización e a continua incorporación de novas tecnoloxías de produción está a producir un importante incremento dos riscos laborais nas pequenas e medianas empresas.

Segundo o estudio financiado pola UE e realizado por investigadores da Universidade de Granada a través dun proxecto europeo titulado, "Prevención participativa dos Riscos Psicosociais Emerxentes en Pequenas e Medianas Empresas", que contou coa colaboración do Instituto Superior do Ciencias do Trabalho (Portugal), a Universitá degli Studi dei Verona (Italia) e a University of Macedonia (Grecia), que conta co financiamento da Comisión Europea; a reforma laboral como excusa da crise económica mundial ten producido unha fonda desregulación do mercado laboral así como unha flexibilización a ultranza do mercado de traballo, o que sumado á precarización laboral e á perda de dereitos, xunto coa incorporación de novos sistemas de organización e a continua incorporación de novas tecnoloxías de produción está a producir un importante incremento dos riscos laborais nas pequenas e medianas empresas.

Este incremento dos riscos laborais vese significativamente potenciado polo aumento crecente dos riscos psicosociais relacionados co cambio do deseño do traballo, a maior esixencia das demandas psicolóxicas e a brutal perda de dereitos dos traballadores nas relacións contractuais.

Os principais resultados deste estudo son bastante clarificadores á hora de amosar os principais riscos psicosociais e as súas consecuencias no conxunto do estado español :

1. Inseguridade laboral e precarización do traballo: pérdese o control sobre a vida laboral e persoal cunhas consecuencias que van máis alá do ámbito laboral. Perda non só de ingresos senón tamén de roles e valores sociais. Os especialistas sinalaron un aumento da tensión vinculada ao estrés, así como do esgotamento, sensación de estar queimados e depresión, como as consecuencias máis observadas, con cadros máis severos nos empregados con contrato precario.

2. Intensificación no traballo: hai unha sensación xeneralizada non só de maior carga de traballo senón tamén de maiores demandas psicolóxicas nos postos de traballo. A falta de conciliación laboral e familiar foi a consecuencia máis mencionada polos traballadores. Por todo iso, esa perda da calidade no emprego leva consigo a unha ruptura do contrato psicolóxico entre empregado e organización.

3. Competitividade: ritmos de traballo acelerados, situacións de acoso e o elevado aumento da insolidariedade entre compañeiros de traballo empurran un pensamento no curto prazo cuxa consecuencia máis directa foi a perda ou ausencia de recoñecemento ou recompensas por parte do empregador.

4. Tecnificación: cada vez son máis as demandas de actualización tecnolóxica dando lugar a un incremento de inseguridade por subcualificación e polo tanto, á xa coñecida síndrome de tecnoestrés.

A web oficial do proxecto http://risksinsmes.wix.com/risksinsmes foi creada como un instrumento de seguimento dos datos de estudos, a través da cal se compartirán os datos e información solicitados, así como os resultados e conclusións do estudo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS