Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A caída de camiño ao bar para merendar durante unha pausa é accidente laboral

02-03-2023 - SENTENZA

A Sala Cuarta do Tribunal Supremo, en Sentenza do 9 de febreiro de 2023, confirma que a caída dunha muller de camiño ao bar para merendar en horario de traballo debe ter a cualificación de accidente laboral

A traballadora sufriu unha caída o 8 de novembro de 2016, sobre as 18:15 horas, cando se dirixía do seu centro de traballo a un bar co propósito de merendar. Ao día seguinte, a actora comezou o seu período de baixa.

Incoado procedemento de determinación de continxencia, tras o trámite de alegacións, ditouse resolución declarando que o proceso de incapacidade temporal da actora derivaba de accidente laboral, sendo responsable da prestación a Mutua Asepeyo.

En primeiro termo, o Xulgado do Social n.º 1 de Málaga desestimou a demanda formulada pola representación da Mutua na que se interesaba que a situación de incapacidade temporal da traballadora fose declarada derivada de accidente non laboral. Segundo o Maxistrado-Xuíz, o accidente tivo lugar con ocasión do traballo, na media hora de bocadillo que se cualifica como tempo de traballo polo convenio colectivo.

Tras recorrer en suplicación a mencionada sentenza, a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía desestimou o recurso e confirmou a resolución do Director Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Non conforme con ambas as derrotas xudiciais, a representación da mutua formalizou un recurso de casación para a unificación de doutrina. A recorrente identificou como sentencia de contraste a ditada pola Sala do social do TSX de Asturias, do 28 de novembro de 2016.

A Sala do social do Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación para a unificación de doutrina e declara que a decisión da sentenza recorrida, ao recoñecer a existencia de accidente de traballo, “é a que contén a doutrina correcta”.

Segundo o Alto Tribunal, “as circunstancias que rodean o caso evidencian que o accidente ocorreu con ocasión do traballo, ao producirse no tempo de traballo do que dispuxo a traballadora para repoñer forzas -finalidade que se persegue co descanso cuxo tempo se cualifica, precisamente, como de traballo-, sen que o feito de que o lugar en que aconteceu o sinistro non fóra propiamente o lugar da súa actividade profesional veña a alterar a vinculación do sinistro co traballo en tanto que a súa saída do centro con ese fin débese entender como unha actividade normal da vida laboral que de non estar a prestar servizos non se produciría”.

Fonte: economistjurist.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS