Financiado por:
/ Portada / Delegados

A UE non decide nada sobre a renovación da autorización para comercializar o glifosato

07-04-2016 - Saúde

A división de opinións existente entre os Estados membros da UE motivou que o pasado día 8 de marzo se aprazase a votación que tiña como finalidade renovar a autorización para a comercialización do glifosato por un período de 15 anos. O glifosato é o herbicida máis usado no mundo; o seu uso está íntimamente ligado aos cultivos modificados xenéticamente, sobre todo soia, algodón e millo.

O emprego deste herbicida en grandes extensións de monocultivos tranxénicos en Sudamérica está relacionado con intoxicacións e malformacións conxénitas en poboacións campesinas próximas. Como xa informabamos no número 17 do Boletín CIG Saúde Laboral, o emprego do glifosato está a xerar moita controversia nos ámbitos económicos e de saúde pública. Neste último caso, mentras que a IARC (Axencia Intenacional para a investigación contra o cancro), o califica  “como probablemente carcinóxeno en humanos”, a Axencia Europea  de Seguridade Alimentaria, AESA, indica nun informe posterior, criticado a súa vez por un grupo de 96 científicos, que “non hai evidencias científicas que amosen o vínculo entre glifosto e cancro”. O certo é que as consecuencias económicas para os produtores e comercializadores do herbicida e das sementes modificadas xenéticamente para ser resistentes ao seu emprego, serían moi importantes e que se están activando todo tipo de mecanismos de presión para que se siga autorizando a comercialización do herbicida baseado no glifosato.

Así pois na votación na que debería renovarse a autorización de comercialización do glifosato, la Comisión Europea tratou de conseguir unha posición favorable á renovación, pero se atopou coa oposición de Francia, Suecia, Paises Baixos  e Italia; o Reino Unido amosou unha postura  favorable, mentras que os representantes alemanes decidiron absterse (logo dos desacordos entre os seus ministerios de medio ambiente e agricultura). A vindeira reunión do comité encargado de tomar unha decisión quedou fixada para maio.

 

A Axencia Europea de Sustancias Químicas ten previsto investigar tamén os efectos do glifosato na saúde humana; está previsto contar con resultados a finais do 2017, polo que  Greenpeace solicita que a decisión sobre a autorización de comercialización se adíe ata coñecer os resultados da mesma e que ante este conflicto se aplique un principio de precaución.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS