Financiado por:
/ Portada / Delegados

A ONU pon en marcha un Tratado Internacional sobre o mercurio

23-01-2013 - HIXIENE

Máis de 140 países reunidos en Xenebra aprobaron unha nova normativa internacional xuridicamente vinculante que regulará a contaminación por mercurio, un metal moi tóxico e daniño para a saúde. O novo tratado, denominado Convención de Minamata, establece normas obrigatorias e voluntarias destinadas a controlar a contaminación por mercurio.

Unha nova normativa internacional, coñecida como Convención de Minamata -en recordo á cidade xaponesa que foi o centro dun brote de envelenamento por metilmercurio na década dos anos 50 e que provocou a morte de 900 persoas-, foi aprobada o pasado sábado en Xenebra co fin de regular o comercio e a subministración de mercurio, así como o uso do metal en produtos e procesos industriais.

Debe ser ratificada polos diferentes Estados, polo que podería tardar entre tres e cinco anos en entrar en vigor, segundo informou a axencia Reuters o voceiro do Programa de Nacións Unidas para o Medio (UNEP) Nick Nuttall.

Representantes do Grupo de Traballo Mercurio Cero, entre os que se encontran Ecoloxistas en Acción, manifestaron a súa satisfacción co acordo, aínda que se mostran precavidos ante as limitacións do convenio.

"A adopción dun acordo xurídico mundial sobre o mercurio é un gran logro", declara Michael T. Bender del Grupo de Trabajo Mercurio Cero. "Non obstante -engade- o instrumento vese obstaculizado polos débiles controis sobre as emisións de mercurio das fontes máis importantes, como as centrais eléctricas de carbón,".

Entre as disposicións que inclúe o texto están reducir o comercio, prohibir a minaría primaria de mercurio, e eliminar este tóxico na maioría dos produtos que o conteñen, como termómetros, aparatos de medición e baterías.

O tratado tamén trata o tema da extracción de ouro artesanal e en pequena escala (ASGM polas súas siglas en inglés), que é a maior fonte de emisións actualmente no mundo.

Antes da reunión de cinco días, o Programa Ambiental das Nacións Unidas (PNUMA) publicou un informe advertindo que os países en desenvolvemento se enfrontan aos riscos ambientais dunha maior exposición ao mercurio.

O mercurio é un metal extremadamente volátil que pode ser transportado a grandes distancias unha vez se emitiu á atmosfera. Este metal transfórmase en metilmercurio, unha potente neurotoxina, que se acumula nos peixes e nos animais e os humanos que os consumen.

 

Fonte: agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS