Financiado por:
/ Portada / Delegados

A OIT insta a invertir máis na seguridade e saúde de traballadoras e traballadores

22-04-2016 - OIT

Dentro da Semana da Seguridade e a Saúde no Traballo que organiza a Federación Rusa, Alice Ouédraogo, Directora do Mundo do Traballo (ILOAIDS) e do Servizo de VIH/sida da OIT, lembrou que "cada 15 segundos falece no mundo unha persoa a causa de accidente ou enfermidades relacionadas co seu traballo", e que "a mellor maneira de garantir un medio ambiente de traballo seguro e saudable é adoptar medidas antes de que ocorran os accidentes ou xurdan enfermidades".

Segundo datos da OIT, cada ano morren máis de 2,3 millóns de traballadores/as no traballo, e outros 317 millóns de traballadores/as son vítimas de accidentes relacionados co traballo. A carga económica destas prácticas deficientes en materia de SST estímase que corresponde cada ano a un 4 por cento do Produto Interno Bruto mundial.

Alice Ouédraogo indicou que "actuar para garantir un ambiente de traballo seguro e saudable ten un impacto positivo sobre as empresas e as economías. Todo gasto feito para facer máis seguro e saudable o ambiente de traballo debería ser percibido como un investimento, non como un custo".

A OIT adoptou máis de 40 convenios e recomendacións internacionais do traballo que tratan especificamente a seguridade e a saúde no traballo , así como máis de 40 repertorios de recomendacións prácticas . Estas normas e repertorios, non só pretenden contribuir a mellorar as condicións de traballo de todos os traballadores e traballadoras, senon que aspiran ademais a crear unha concienciación mundial ao redor dos temas de seguridade e saúde (SST) e apoiar as iniciativas prácticas en todos os niveis.

Ligazón ao espazo web da OIT adicado á Seguridade e Saúde no Traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS