Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A Inspección de Traballo preocúpase pola Seguridade Viaria

26-04-2012 - Seguridade

O Plan Integrado de Actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social para 2010 xa recollía unha nova actuación relativa á comprobación nas empresas da xestión sobre os riscos derivados da seguridade viaria. Para levar a cabo as actuacións inspectoras, que non perseguían accións esencialmente sancionadoras por parte dos funcionarios actuantes, seguiuse un “Cuestionario de Comprobación” e elaborouse unha “Guía para as actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de seguridade viaria nas empresas”, para facilitar a realización das devanditas actuacións e que permite completar a formación e información dos inspectores acerca da seguridade viaria nas empresas.

Dita Guía contén informacións de interese xeral, por exemplo que “unha gran parte do sector do transporte por estrada, onde a subcontratación está amplamente estendida, en torno ao 77%, corresponde a traballadores por conta propia, cando se dea a circunstancia de que o transportista autónomo non teña concertada a cobertura co sistema da seguridade social da continxencia de accidente laboral, os accidentes que padezan non son contabilizados polo sistema do INSHT e constan a efectos estatísticos como accidentes de tráfico ordinarios, non laborais”.

A Guía (90 páxinas, 2011) pode descargarse dende a seguinte ligazón Guía ITSS_vial

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS