Financiado por:
/ Portada / Delegados

A CIG participa en PREVISEL, Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

23-04-2013 - 25 e 26 de abril de 2013

Os vindeiros días 25 e 26 de abril, celébrase en Ourense a oitava edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral. A CIG estará presente en PREVISEL, a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e a organización da Xornada Formativa: "Riscos laborais durante o embarazo e a lactancia. Dereitos, permisos e prestacións nos descansos de maternidade e paternidade"

A xornada terá lugar o día 25 de abril en horario de 10:00 a 13:30 horas e contará coa participación como ponentes de Margarida Corral Sánchez, Secretaria Confederal de Muller e Mocidade, Anxo Pérez Carballo, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostíbel,  Liliana Lafuente Acuña, Técnica de Prevención de Riesgos laborais do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e Zeltia Burgos Tortosa, Secretaria de Saúde Laboral de la CIG-Ourense.

No expositor que representará a CIG no salón, teredes a disposición as publicacións realizadas nos últimos anos polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG. 

O horario de apertura de PREVISEL será  de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h., tanto o xoves coma o venres.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS