Financiado por:
/ Portada / Delegados

Éxito de participantes nas actividades organizadas pola CIG

30-04-2013 - Previsel

Preto de 100 delegados e delegadas participaron este ano na Xornada Formativa organizada no marco de PREVISEL, Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, en Ourense. Así mesmo a CIG contou cun expositor informativo no que foron atendidas as cuestións que prantexaron os visitantes á feira .

Na Xornada celebrada participaron como ponentes Margarida Corral Sánchez, Secretaria Confederal de Muller e Mocidade, Anxo Pérez Carballo, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostíbel,  Liliana Lafuente Acuña, Técnica de Prevención de Riesgos laborais do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e Zeltia Burgos Tortosa, Secretaria de Saúde Laboral de la CIG-Ourense.

Os temas que se desenvolveron centráronse nos riscos no embarazo e lactación e as prestacións por paternidade e maternidade. Así, se comentaron entre outros temas a importancia da protección dos riscos derivados do traballo para as mulleres embarazadas, os seus fetos e  bebés e nais en período de lactación.  Por outra parte, tamén se falou  dos permisos e prestacións na maternidade e paternidade como parte fundamental dunha sociedade saudábel, na que o respeito polo traballo e a familia deben ser prioritarios maior conciliación menor conflictividade laboral nas empresas, maior rendemento e menor absentismo laboral.


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS