Financiado por:
/ Portada / Delegados

Ábrese o camiño para anular os despidos en situacións de baixa longa por accidente laboral

12-01-2017 - Tribunal de Xustiza da UE

O caso que da lugar a este fallo é o dun traballador que foi despedido estando de baixa médica por un accidente laboral, por "non alcanzar as expectativas estabelecidas pola empresa nin o rendemento que a empresa considera adecuado ou idóneo para o desempeño das súas tarefas". O traballador, axudante de cociña, resbalou na cociña e se dislocou o codo esquerdo en outubro de 2014, sendo despedido en novembro de 2014. Segundo o fallo do Tribunal de Xustiza da UE, a rescisión do contrato dun empregado en situación de incapacidade temporal de forma "duradeira" pode ser considerada discriminatoria e, polo tanto, a rescisión do contrato pode ser anulada nos tribunais.

Ata o de agora a doutrina xurídica permitía que se rescindisen contratos baseándose nunha enfermidade ou incapacidade temporal sen que iso fose considerado como discriminación, decisión que non era anulada polos tribunais, xa que se entendía que esa situación, ao non ser permanente, non é asimilable a unha discapacidade. Isto excluía a discriminación por este motivo e, por tanto, a posibilidade de vulnerarse un dereito fundamental, polo que non había base para anular o despedimento. Si podía declararse improcedente.

O pronunciamiento do Tribunal Superior de Xustiza Europeo non asimila a incapacidade temporal a unha discapacidade de forma automática, pero si abre a porta a que o despedimento baseado na incapacidade temporal do empregado poida considerarse discriminatorio e, por tanto, poida anularse. Para iso, apóiase nunha directiva da UE e afirma que a incapacidade debe ser "duradeira" e isto dáse, entre outros motivos, se "na data do feito presuntamente discriminatorio, a incapacidade do interesado non presente unha perspectiva ben delimitada en canto á súa finalización a curto prazo".

A sentenza non é concluínte sobre o caso xulgado, deixando claro que é "o Xulgado remitente, Xulgado do Social número 33 de Barcelona, quen debe basearse en todos os elementos obxectivos de que dispoña" para comprobar se a incapacidade temporal ten un carácter "duradeiro".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS