VI Informe Adecco sobre absentismo15-06-2017 - ADECCOEste informe analiza ademais das cifras de absentismo, definido como a porcentaxe de horas non traballadas (sen contar vacacións, festivos nin horas perdidas por ERTEs) respecto á xornada pactada efectiva, os motivos relacionados coa concilicación da vida familiar e cos procesos de incapacidade temporal tendo en consideración a idade dos traballadores/as. Os datos sobre horas traballadas e non traballadas empregados no informe proceden da Enquisa Trimestral de Custe Laboral (ETCL) do Instituto Nacional de Estatística. Segundo as conclusións, o absentismo repunta situándose nunha taxa do 4,88%. |
|---|
O absentismo se incrementa nos sectores de servizos (5%) e na industria (4,8%) e descende no sector da construción (3,1%). Por comunidades Galiza, Baleares, Madrid, Cantabria, Canarias e Murcia son as que presentan máis horas efectivas traballadas (por encima da media do Estado).
O factor determinante do incremento do absentismo é o relacionado coa incapacidade temporal (que se incrementa un 10,91% no último ano) e que da lugar a un incremento do 6% da taxa de absentismo por esta causa.
A taxa de absentismo é maior nas mulleres que nos homes, feito que se xustifica pola maior asunción de responsabilidades familiares por parte das mulleres.
O informe está realizado en colaboración con AMAT, FREMAP, a Universidade Carlos III, a UNED e a Asociación española de especialistas en Medicina do Traballo.
Ligazón ao VI Informe Adecco sobre absentismo